A internacionalización das relacións sociais comporta, con frecuencia, a conveniencia de contar con traducións fidedignas do galego a outras linguas, e viceversa, especialmente en textos e actuacións en materia xurídica, administrativa e económica.
Co fin de regular esas funcións, a Secretaría Xeral de Política Lingüística xestiona o Rexistro de profesionais da tradución e da interpretación xurada e outorga as habilitacións oficiais necesarias para o seu exercicio. Ao mesmo tempo, pon ao dispor da sociedade unha base de datos de profesionais habilitados para a tradución e a interpretación, co fin de facilitar o acceso aos seus servizos.
- CONVOCATORIA DE PROBAS
- Guía para a preparación das probas (mostra de probas, criterios de valoración, bibliografía...)
- Quen e como pode acceder á condición de tradutor/a intérprete xurado/a
- Procedemento para obter a habilitación directa
- Información xeral sobre tradución en interpretación xurada
RELACIÓN DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN XURADA DO GALEGO PARA OUTRAS LINGUAS E VICEVERSA
Nota: só figuran os/as profesionais que autorizaron expresamente a publicación dos seus datos na web. Se algunha persoa máis, das inscritas no Rexistro Oficial, desexa figurar nesta lista, só ten que solicitalo á caixa de correo sxpl.asesoramentolingua@xunta.es. Igualmente, poderase empregar a mesma caixa de correo para solicitar a modificación ou actualización dos datos que figuran nas listas.
Listas actualizadas a: 2/02/2011
Listaxe de profesionais da tradución e interpretación xurada (actualizada a 17/01/2012)
