
O proxecto Tardes de lecer, organizado en colaboración con Sotelo Blanco Edicións, dará comezo o día 2 de outubro de 2009, e pretende achegar e promover o emprego do galego entre os máis pequenos a través dun programa de contacontos e obradoiros baseados na colección de libros infantil Bolboreta, dirixida a rapaces de catro a oito anos.
As actividades terán lugar en Area Central a partir das seis da tarde todos os venres e sábados: dende o venres 2 de outubro ata o domingo 27 de outubro do 2009. Durante estas trece fins de semana participarán nestes talleres e obradoiros uns 4.000 nenos de Santiago de Compostela e arredores.
Cunha duración que roldará as dúas horas, comezarase co apartado do contacontos do título no que se centre esa fin de semana a campaña e continuará cun repaso dos anteriores capítulos da colección de libros, apoiándose sempre en elementos como teatriños ou figuras, favorecendo a boa interacción entre monitores e asistentes.
A continuación comezará o apartado de obradoiros con actividades sinxelas e creativas, con simulacións e outras accións relacionadas. Deste xeito, os pequenos traballarán con materiais de refugallo, aprenderán a elaborar unha felicitación ou un libro, entre outras moitos xogos e actividades.
Ao final das sesións de Tardes de lecer, os monitores farán entrega do libro que corresponda a ese día, repartindo un exemplar a todos os rapaces participantes nas sesións.
A continuación presentamos o calendario coas accións que comprenden esta campaña e que comezarán todos os venres e sábados ás 18.00 horas en Area Central (Santiago de Compostela):
