Letras galegas 2010: ano de
Uxío Novoneyra

Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953.
Coñece máis sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra a través dun texto de Darío Xohán Cabana na web da Real Academia Galega, onde se pode consultar tamén o programa de actos conmemorativos.

Exposición gañadora de Infantil e primaria
CEIP Santo Estevo de Parga, Guitiriz (Lugo). Courel

Exposición gañadora de Educación Secundaria
CPI Virxe dos Remedios, Castro Caldelas (Ourense). Uxío Courel, Courel Uxío
Traballos de Educación Infantil e Primaria e de Educación Secundaria con motivo do Día das Letras Galegas, para a elaboración dunha exposición sobre Uxío Novoneyra.
Cadernos Ramón Piñeiro (XIV). A casa! o val! a patria homilde! Celebración de Uxío Novoneyra (1930 – 1999)
Publicación do Centro Ramón Piñeiro que recolle textos de moi distinta natureza (en verso e prosa, biográficos e de autopoética, caligráficos e mecanoscritos, de creación, reflexión e información) que percorren distintos aspectos da vida e obra do escritor. Editores responsables: Alexandra Cillero, Élida Abal, Luís Alonso Girgado, Iris e Luís Cochón.
Descarga: calendario 2010 con imaxes relacionadas con Uxío Novoneyra
Fotografías e deseño de Sara Paz, Luís Aldegunde e Antonio Omil. En formato A3 e A4.





