As persoas que precisen presentar en castelán documentos oficiais (títulos, diplomas, etc.) redactados en galego poden facer uso do servizo de validacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que certifica o valor desa tradución.
Documentación necesaria:
- - solicitude de validación de documentación traducida,
- fotocopia do documento ou documentos orixinais compulsada por un organismo oficial,
- tradución literal ao castelán dese/s documento/s,
- datos do solicitante cun enderezo ao que se lle enviará a documentación validada. No caso de que o solicitante prefira recollelas en man nas oficinas centrais da Secretaría Xeral de Política Lingüística deberá indicalo expresamente.
Presentación da documentación
- Esta documentación poderá ser presentada:
- nos gabinetes provinciais de normalización lingüística
- en calquera rexistro da Administración
Entrega da validación
- As traducións validadas enviaranse por correo postal ao enderezo particular do solicitante. Se a persoa interesada así o solicita, poderá recollelas en man nas dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (r/ da Pastoriza n.º8, Santiago de Compostela).
