Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio » POLÍTICA LINGÜÍSTICA » Servizos

Validación de estudos de galego


Normativa aplicable

Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega (Celga), (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo de 2007).

Corrección de erros da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega (Celga), (publicada no DOG núm. 178, do 13 de setembro de 2007).

 

Validacións

As validacións das materias de lingua galega de educación xeral básica (EXB), educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato (LOXSE ou BUP) e formación profesional (FP1 e FP2) polos niveis de competencia Celga serán expedidas polos /as secretarios/as dos centros que custodian as cualificacións, logo da correspondente solicitude feita pola persoa interesada.

Os que superasen a materia de lingua galega nas probas libres para o graduado escolar ou nas probas libres para o graduado en educación secundaria obrigatoria solicitarán a validación na Inspección da Consellería de Educación e ordenación Universitaria.

As restantes validacións, no seu caso, serán expedidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística tras a petición da persoa interesada.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta orde de validacións os cursos de linguaxes específicas e de extensión cultural, que seguirán regulándose segundo o previsto na Orde do 1 de abril de 2005 (DOG nº 71, do 14 de abril).

Para o acceso e valoración de méritos na función pública galega terá a mesma validez posuír as certificacións de aptitude dos cursos de lingua galega regulados na Orde do 1 de abril de 2005 (oral, iniciación e perfeccionamento) que as certificacións de aptitude dos Celga 1, Celga 3, Celga 4 respectivamente.

Nas bases das convocatorias de oposicións e/ou concursos de méritos estableceranse os niveis de lingua exixidos como requisito e/ou como mérito.

A partir da entrada en vigor desta orde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non poderá homologar, validar ou certificar aptitude sobre cursos de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento rematados con posterioridade á entrada en vigor.

Casuística de validacións recollidas na Orde de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega Celga, publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo de 2007; corrección de erros publicada no DOG núm. 178, do 13 de setembro:
 
1. Serán validables polo Certificado de lingua galega 1 (Celga 1):
Certificado do curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia ata a entrada en vigor desta orde.

Certificado de curso de lingua galega para non galego-falantes impartidos polas universidades galegas, ata a entrada en vigor desta orde.

Certificado do nivel básico dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor desta orde.

2. Serán validables polo Certificado de lingua galega 2 (Celga 2):
O título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos.

O certificado do curso de nivel medio de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia, ata a entrada en vigor desta orde.

Certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor desta orde.

Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego da ESO nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.

3. Serán validables polo Certificado de lingua galega 3 (Celga 3):
O título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase e aprobase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos.

O certificado do ciclo elemental de galego expedido polas escolas oficiais de idiomas.

Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego na ESO e no bacharelato nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.

4. Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4):
O título de bacharelato (LOXSE ou BUP) ou técnico de FP2, sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase e aprobase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos.

Certificación do curso de especialización en lingua galega para profesores de EXB.

5. Serán validables polo Certificado de lingua galega 5 (Celga 5):
O título de licenciado en filoloxía galega ou filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués).

Calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou equivalente, sempre que se acompañe de certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4.

O certificado do ciclo superior de galego, expedido polas escolas oficiais de idiomas conforme ao programa previsto no Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os contidos mínimos correspondentes ao ensino especializado das linguas españolas impartidas nas escolas oficiais de idiomas.

 

Entrega das validacións

As validacións que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística serán entregadas en man na sede secretaría xeral en Santiago de Compostela ou no enderezo do solicitante, no caso de que así o indique na solicitude.

As validacións que expiden os centros educativos serán entregadas nos propios centros educativos, logo da solicitude da persoa interesada.

galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego

Validación de estudos

 

Atención ao público

Tfno.: 981 54 54 57 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00)
Fax: 981 54 44 24
Enderezo electrónico: sxpl.formacion@xunta.es

Enderezo físico: R/ Pastoriza, n.º 8
15871 Santiago de Compostela

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a