O galego é a lingua propia de Galicia, entendida e falada por case a totalidade dos galegos.
O seu carácter cooficial faino lingua circulante na escola e na universidade, na actividade parlamentaria e de goberno, nos medios de comunicación, na rede, nunha parte da actividade comercial, investigadora e editorial.
A súa presenza esténdese á totalidade do noso territorio e prolóngase a áreas na linde das comunidades estremeiras. Máis de corenta universidades de todo o mundo fomentan o seu estudo e contribúen á difusión fóra das nosas fronteiras, o que fai do galego unha lingua de encontro e ponte entre culturas.
Vive en galego!





