Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Vive os contos

IR INDO | Vive os contos

A actividade Vive os contos consiste nunha representación de monicreques duns 50 minutos de duración, realizada pola prestixiosa compañía Títeres Cachirulo, baseada na historia de El-Rei Artur e a abominable dama, na que o seu protagonista, un monarca algo confuso, ten que resolver un enigma: que é o que máis desexan as mulleres?

O que no seu comezo parece unha resposta sinxela convértese nun rompedeiro de cabeza e nun monte de aventuras que o levarán a unha reconsideración do seu pensamento sobre o rol das mulleres no seu contorno.

Dos 8 aos 9 anos.

 

Datas:

  • 12/11/2010: na Casa da Cultura do Grove, ás 17:30 horas
  • 13/11/2010: no Auditorio Municipal das Neves, ás 17:00 horas
  • 13/11/2010: na Casa da Cultura de Salvaterra do Miño, ás 12:00 horas
  • 26/11/2010: no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, ás 19:00 horas
  • 27/11/2010: no CIP de Beariz, ás 18:00 horas 
  • 03/12/2010: en Oia, no pavillón CEIP M. García, ás 16:00 horas
  • 10/12/2010: en Quintela de Leirado, no Local social, ás 17:30 horas
  • 11/12/2010: en Forcarei, no Centro social, ás 19:00 horas
  • 17/12/2010: en San Cristovo de Cea, no Multiusos, ás 20:00 horas
  • 18/12/2010: en Cotobade, no Multiusos, ás 11:00 horas
  • 18/12/2010: en Soutomaior, no Multiusos, ás 18:30 horas
  • 19/12/2010: en Taboadela, no Pavillón deportivo, ás 12:00 horas
  • 14/05/2011: en Outes, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas 

 

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a