Volve setembro! Rematan as vacacións e os días de praia e chega o momento de ver de novo os amigos e as amigas. É tempo de volver á escola.
Sabemos que é algo complicado retomar de novo as clases e pórlles orde ás ferramentas que precisas para estudar. Por iso che poñemos diante unha serie de recomendacións, para que no primeiro día non esquezas cousa ningunha.
En primeiro lugar, é importante que días antes da volta á escola prepares unha listaxe con todo o que che cómpre. Propoñésmosche unha esta que podes imprimir para, despois, ires riscando da listaxe todo o que xa teñas. Así terás a seguridade de que non che queda nada atrás.

Son importantes:
- O lapis e o lapiseiro
- A goma de borrar
- O caderno
- As regras
- A plastilina
- As tesoiras
- Os lapis e as ceras de cores
- O pegamento
- O compás
- A mochila
- O bolígrafo
- E os libros de texto
Supoñemos que xa tes mochila do ano anterior, pero se non é así, apúntaa. Se cadra tamén che cómpre un afialapis. Outro material, como cartolina de cores, compás ou pinceis para pintar é mellor mercalo cando cho pidan na clase, coas indicacións do teu profesor ou profesora.
Debes ter moito tino de non perderes o teu material. Para poderes identificar o teu caderno ou os libros de lectura que leves á escola podes pegar estas etiquetas e así, se os esqueces nalgures, saberán a quen devolverllos:
O primeiro día diranche as clases que vas ter durante a semana. Para que planifiques ben o día e saibas as materias que tes, velaquí tes un horario escolar. Preme nel para descargalo, imprímeo e cúbreo coas materias que tes cada día e o seu horario:

.jpg)
.jpg)


.jpg)
