Dende a Xunta de Galicia estamos convencidos de que o desenvolvemento da nosa comunidade debe fundamentarse nun crecemento harmónico cos valores do noso territorio. Nese sentido, o litoral de Galicia presenta un diverso número de paisaxes e oportunidades, que entre todos debemos poñer en valor.

Neste contexto, o Plan de Ordenación do Litoral xorde como un instrumento capaz de favorecer unha xestión integral do territorio, un instrumento eficaz para dirixir os usos do solo co obxectivo de avanzar cara a unha sociedade máis xusta e competitiva pero ao mesmo tempo máis comprometida coa sostibilidade e a paisaxe.

Unha paisaxe: un mar, unha terra e as súas xentes, que son o pasado, o presente e, sen dúbida ningunha, o futuro máis esperanzador de Galicia que necesita dun modelo para seguir vivindo nun territorio que experimentou nas últimas décadas, máis que ningún outro de Galicia, unha forte presión urbanística.

Dirixir estes procesos e conseguir unha protección efectiva da costa son algúns dos obxectivos máis ambiciosos deste Plan de Ordenación do Litoral. Xunto a estes, e na orixe da súa metodoloxía e formulación, está dar a coñecer estes valores naturais e humanos que conforman a nosa identidade.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Introducción
 
Xunta de Galicia
2010 © Xunta de Galicia.
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.