É un documento necesario e inaprazable para a constitución dun marco normativo estable que protexa de forma efectiva o litoral de Galicia.
É un instrumento de xestión que xorde dende o convencemento de que protexer non é só prohibir, senón que consiste en xestionar un territorio ordenando os seus usos e atendendo á súa configuración natural e antrópica así como aos seus procesos e dinámicas.
É o resultado dunha política activa en materia de sostibilidade e paisaxe no marco dun novo modelo territorial.
É un proxecto que recoñece as singularidades e elementos identitarios da costa e a sociedade de Galicia.
É unha ferramenta de xestión dinámica do territorio.
É o inicio dun proceso que nos levará a facer de Galicia un contorno de sostibilidade, respecto cultural e solidariedade territorial.