Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 1996

Medallas de Ouro 1996

Jorge Fernando Branco de Sampaio

Lisboa, 1939

Presidente da República de Portugal

Fillo dun médico da sanidade pública e dunha profesora de inglés, realiza os seus estudos entre Sintra e Lisboa, onde se licencia en Dereito en 1961.

Por obrigas profesionais do seu pai, parte da súa infancia transcorre en Estados Unidos e o Reino Unido, feito que inflúe moito nel. Comeza o seu activismo político na universidade, onde fai campaña a favor da candidatura presidencial do xeneral Humberto Delgado.

Como avogado, ten un relevante papel como defensor de presos políticos ante o Tribunal Plenario de Lisboa. Nos períodos previos e posteriores á Revolución dos Caraveis, intégrase en organizacións de oposición á Ditadura e promove diversos movementos de esquerdas, propugnando o parlamentarismo como mellor sistema político.

En 1978, invitado por Mario Soares, intégrase no Partido Socialista, obtendo ao ano seguinte a acta de deputado. Alcanza a secretaría xeral en 1989 e nese mesmo ano é elixido alcalde de Lisboa, posto que lle reporta unha grande popularidade pola súa xestión modernizadora e que o catapulta para obter a Presidencia da República en 1996, na que permanece 10 anos.

A súa presidencia estivo marcada por varias cohabitacións co conservador Partido Social-Demócrata (PSD). Actualmente é Alto Comisionado da ONU para a Alianza das Civilizacións.

Jorge Sampaio escribiu numerosos ensaios políticos e sobre dereito, e foi recoñecido, ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia, co Premio Europeo Carlos V da Academia Europea de Iuste e o Premio Norte-Sur do Consello de Europa, entre outros.

Museo de Pontevedra

Institución para a divulgación e investigación cultural en Pontevedra

Créase en 1927 pola Deputación Provincial de Pontevedra, á iniciativa dos deputados Gaspar Massó, César Lois e Alfredo Espinosa, co fin de completar o labor da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, á que sucede e da que recibe un importante legado.

Desde os seus comezos o museo concíbese, non como almacén de pezas, senón como centro de estudo, coñecemento e divulgación da cultura galega en todas as súas facetas.

O museo conta con seis edificios, a maioría no casco histórico de Pontevedra, reúne máis de 16.000 pezas e dispón dunha biblioteca con máis de 50.000 exemplares. Nas súas salas pódese contemplar, desde obra pictórica de autores como Ribalta, Ribera, Zurbarán, Murillo, Ferreiro, García de Bouzas, Sotomayor ou Fernández Taibo, entre outros; ata exemplos das distintas etapas de Sargadelos, pasando por traballos en acibeche relacionados coas peregrinacións a Santiago. Tamén pode verse arqueoloxía, ourivaría prerromana e romana, ourivaría popular e civil, restos arquitectónicos, mobiliario, instrumentos musicais e un grande número de elementos vinculados á tradición mariñeira.

Mención á parte merece o legado de Castelao, composto por máis de 1.000 obras, entre óleos, augadas, plumiñas, notas coloreadas, temples…, imprescindibles para comprender a súa visión de Galicia.

Medallas de Prata 1996

Amigos da Cociña Galega
Carlos A. Areán González
Adegas Joaquín Rebolledo
Miguel Enrique Cabanela
Luis Calvo Sanz, S.A. Grupo Calvo
Dasio Carballeira Tello (a título postumo)
José Manuel Cortizo Soñora
Shigeichiro Kanamori
Grupo Leyma
Metalúrgica Galaica, S.A. (Megasa)
José Luis Pardos Pérez
Tripulación do Veleiro Sebastián de Ocampo
Grupo das Forzas Armadas Unidade de Focas 43

Medallas de Bronce 1996

José Mª Ballesteros Rúa
Ramón Berdullas Martínez
Francisco Calvo Guera (Xan das Canicas)
Manuel Ceide Ríos
Cooperativa Jesús Nazareno (O Barco de Valdeorras)
Cooperativa Vitivinícola del Ribeiro
Marcelino Couso Crismán
José Mª Díaz Fernández
Ramiro Gordejuela Aguilar
Leonor Jácome Rodicio
Darío Lamazares Pena
Restaurante Cierto Blanco
Luis Rodríguez Vázquez (a título póstumo)
Manuel Suárez Meijón
José Mª Vallejo Álvarez

Discursos