Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2002

Medallas de Ouro 2002

Real Club Deportivo da Coruña S.A.D

Club de fútbol galego de maior traxectoria deportiva

O fútbol foi introducido na Coruña en 1902 polo estudante galego en Inglaterra Xosé María Abalo e unha das súas primeiras organizacións na cidade é o Deportivo, creado o 2 de marzo de 1906 co nome de Club Deportivo da Sala Calvet. En 1909 o club adopta o título de real por concesión de Afonso XIII e pasa a chamarse como o coñecemos hoxe.

En 1941 ascende por primeira vez á Primeira División e durante varias décadas sobe e baixa de categoría. Ata 1992 en que, de novo ascendido, é o equipo revelación da Liga, logra a terceira praza e entra en nas competicións europeas. Coñecido a partir de entón co sobrenome de Súper Depor, o club colleita importantes éxitos: segundo posto na Primeira División en 1994, campión da Copa do Rei e da Supercopa de España en 1995, campión de Liga e da Supercopa de España en 2000, campión da Copa do Rei e da Supercopa de España en 2002...

O campo do club é o Estadio de Riazor, creado en 1944, cun aforo actual de 34.600 localidades. O Deportivo é o noveno club español por número de afeccionados e o noveno que conseguiu o campionato de Liga de Primeira División. Cos seus 25.000 socios e 177 peñas é unha das principais organizacións sociais galegas.

Medallas de Prata 2002

Plácido Baamonde López
Diego Bernal López (a título póstumo)
Ángel María Carracedo Álvarez
Rafael Catalá Polo
Centro Gallego de Montevideo
Colexio Liceo La Paz
Aniceto Luis Charro Salgado
Domingo Dosil Cubelo
Dolores Esther Fernández Fernández
Francisco García Bobadilla
José Baltasar Silveira Cañizares
Arnaldo Sousa de Azeredo Lobo
Elías Tovar Martín
Zeltia, S.A.

Medallas de Bronce 2002

Bautista Álvarez Rey
Armería Álvarez
Miguel Ángel Barral Varela (a título póstumo)
José Blanco Pazos
Club Baloncesto Obradoiro
Elías Fernández Pato
Arturo González Gil
Manuel Muñiz Tubío
Juan Francisco Pita Porto
Félix Quintero Álvarez
María del Carmen Quintero Corredoira
Francisco Javier Rodríguez Fernández
Avelino Rodríguez García
Amelia Valiña Sampedro

Discursos