Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2014

Medallas de Ouro 2014

Vítimas do accidente ferroviario de Angrois, veciños/as de Angrois e profesionais e voluntarios da saúde e dos dispositivos de emerxencias

Por acordo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xullo de dous mil catorce, acordouse concederlle a Medalla de Ouro de Galicia:

  • Ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois.
  • Aos veciños e veciñas de Angrois.
  • Aos profesionais e voluntarios da saúde que se indican a seguir:
    • Profesionais sanitarios da área sanitaria de Santiago de Compostela.
    • Profesionais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061.
    • Profesionais da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
    • Profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
    • Psicólogos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
    • Doadores de sangue de Galicia.
  • Aos profesionais e voluntarios dos dispositivos de emerxencias e seguridade que se indican a seguir:
    • Bombeiros que participaron nas tarefas de rescate.
    • Profesionais da Axencia Galega de Emerxencias e técnicos de emerxencias da Xunta de Galicia.
    • Persoal da Policía Local de Santiago de Compostela.
    • Persoal do Corpo Nacional de Policía en Galicia.
    • Persoal da Garda Civil en Galicia.
    • Persoal da Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia.
    • Voluntarios de Protección Civil de Galicia.
    • Cruz Vermella de Galicia.

Discursos