|
En cada unha das liñas de texto podemos introducir patróns para realizar a busca. Un patrón pode ser unha combinación de calquera carácter cos símbolos ‘%’ e
‘_’. Se non utiliza estes símbolos, o sistema
atopará as palabras ou fragmentos da palabra especificada.
O
símbolo ‘%’ substitúe un ou varios
caracteres que van na súa posición.
Exemplo 1: %bana%
buscará calquera palabra que conteña a secuencia
‘bana’, sen importar cómo comeza ou cómo
remata (Cabana; Cabana, A; Cabanas;...).
Exemplo 2: %ador
buscará tódalas palabras rematadas en
‘ador’ (Salvador; Seador, Viador,...).
Exemplo 3: ferreir%
buscará tódalas palabras que empecen por
‘Ferreir’ (Ferreiros, Os; Ferreirós de Valboa;
Ferreira;...).
O
símbolo ‘_’ substitúe unicamente o
carácter que vai na súa posición, ignorando cal
sexa.
Exemplo: carrac_do
buscará tódalas palabras que teñan esas
dúas secuencias (Carracido e Carracedo).
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Correo electrónico: toponimiaxunta.es
|