Xunta de Galicia

Inicio

Medio Rural colabora coa estación fitopatolóxica do Areeiro no estudo e control das masas forestais e sanidade vexetal

O orzamento do convenio de colaboración ascende a 360.000 euros, que a Xunta reparte en tres anualidades

O titular de Medio Rural realizou esta mañá unha visita ao Centro, acompañado polo delegado territorial da Xunta e Pontevedra e o director xeral de Produción Agropecuaria

  • , o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o director xeral de Produción Agropecuaria,
  • , o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o director xeral de Produción Agropecuaria,
  • , o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o director xeral de Produción Agropecuaria,

Santiago, 19 de setembro de 2011.- A Consellería do Medio Rural colabora coa Estación Fitopatolóxica do Areeiro no control e estudo das masas forestais e da sanidade vexetal. Neste sentido existen unha importante colaboración entre o departamento que dirixe Samuel Juárez e a Deputación de Pontevedra para a determinación das especies que xeran pragas e enfermidades forestais e agrícolas.

Precisamente para comprobar os labores de actuación que realizan neste Centro, o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, así como o xefe territorial de Medio Rural nesta provincia, Gerardo Zugasti.

As autoridades presentes percorreron as plantacións e xardíns da Estación, coñecendo da man do director do centro, Pedro Mansilla, os traballos de clasificación dos axentes patóxenos que afectan aos cultivos agrícolas e plantas forestais en parcelas experimentais. Posteriormente, coñeceron os laboratorios de estudo de propagación “in vitro” da Camelia, da preparación de aceite de camelia e de té; así como os laboratorios de loita biolóxica para visualizar o control de “Cancro de Castaño” e “Nematodo do Piñeiro”.

Convenio de colaboración
O convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Pontevedra foi subscrito no ano 2010 para a realización de diversas actividades, entre elas a determinación e clasificación dos axentes patóxenos que afectan aos cultivos agrícolas e plantas forestais, así como a dedución de posibles causas abióticas que se observen nas mostras ou partes de plantas captadas no campo polos servizos de sanidade e produción vexetal e enviadas á Estación Fitopatolóxica ao efecto. Pero tamén se realizan traballos en campo coa finalidade de atopar posibles ataques de pragas ou enfermidades de interese agrario ou forestal; e traballos iniciais de diagnóstico, prospección e recomendacións de loita contra pragas non coñecidas no territorio galego.

O financiamento deste convenio -que corre ao cargo da Consellería do Medio Rural- é de 360.000 euros, repartidos en tres anualidades (2010, 2011 e 2012). O obxectivo do mesmo permite á Consellería cubrir as necesidades para levar a cabo as inspeccións e controis necesarios en sanidade vexetal e forestal, en colaboración co Centro, permitindo así abarcar unha maior superficie e número de organismos ao tempo que posibilita dispoñer dun maior número de mostras necesarias para desenvolver a investigación.

Os organismos nocivos que son obxecto de partida orzamentaria neste convenio son os seguintes e outras que poidan ser de interese para a Consellería do Medio Rural: Fusarium circinatun (fungo que afecta aos piñeiros); Bursaphelenchus xylophilus (nematodo do piñeiro); Phytophotora ramorum (fungo que afecta a ornamentais -rododendro, camelia, viburnum-); Erwinia amylovora (bacteria que afecta a especies como a maceira, pereira); e Tuta absoluta (insecto que ataca principalmente ao tomate).

Estación fitopatolóxica
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro é un centro dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, dedicado á investigación práctica e ao diagnóstico en materia de fitopatoloxía agraria e forestal que nace precisamente para atender aos agricultores neste campo. Pero tamén traballan na introdución e conservación de especies froiteiras e ornamentais así como na área da análise edafolóxica de cara á mellora da fertilización, tamén de interese para o departamento de Samuel Juárez.

Liñas de investigación
O obxectivo primario deste centro é o asesoramento en materia fitopatoloxica e axudar aos agricultores e servizos oficiais da Administración.

Na área de fitopatoloxía traballan tanto no ámbito agrícola como forestal. No primeiro deles, fundamentalmente en vide, fruticultura e horticultura; mentres que no forestal, traballan nas especies de Pinus radiata, Pinus pinaster, Pseudotsuga menziesii, Castanea sativa, Eucalyptus globulus, e Quercus robur. Todo isto tanto en plantacións como en viveiro, e levando a cabo estudos taxonómicos, epidemiolóxicos e de control. No campo da fruticultura, realízanse estudos sobre a introdución de novas especies de froiteiras de interese para a nosa comunidade (centrándose no kiwi, kiwiño, feixoa, mirabel, cereixa, etc.) e sobre estudos para a mellora do cultivo de Actinidia deliciosa (kiwi).

No sector ornamental, trabállase sobre a recuperación, introdución, cultivo e os posibles problemas do xénero Camellia (actualmente, o número de plantas da colección supera as 500, que se corresponden con 325 variedades de Camellia japonica, 41 de C. sasanqua, 26 de C. reticulata, 64 híbridos e varios cultivares doutras 30 especies) e a propagación de fentos arbóreos das especies Cyathea cooperi e Dicksonia antartica e de especies autóctonas.

Tamén traballan na área da edafoloxía e ofrecen aos agricultores e explotacións asesoramento de diagnóstico nutricional dos cultivos, baseada fundamentalmente na análise química do solo.

Laboratorio
No ano 1993 creouse o primeiro Laboratorio de Loita Biolóxica que existe en Galicia, laboratorio onde se procede á posta a punto de métodos de cría artificial de diferentes organismos beneficiosos, así como estudos e mostraxes de determinación de insectos e ácaros beneficiosos sobre vide e horta en Galicia. Ademais realiza ensaios de novos métodos de control en parcelas experimentais de fungos e insectos prexudiciais.

 

Compártao :