Xunta de Galicia

Inicio

Benestar desenvolveu un curso formativo de confección de prendas para 25 persoas en risco de exclusión en Vilagarcía

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, desprazouse hoxe ata a localidade arousá para entregar os diplomas aos participantes desta iniciativa

A Xunta investiu máis de 9.000 euros neste curso, que foi impartido pola Fundación de Amigos de Galicia

  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, entregou hoxe os diplomas aos 25 participantes no curso
  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, entregou hoxe os diplomas aos 25 participantes no curso

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 10 de xaneiro de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar destinou máis de 9.000 euros para o desenvolvemento dun curso de formación na confección de prendas en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), orientado a persoas en risco de exclusión social, de cara a que adquiran capacidades que faciliten a súa inserción no mercado de traballo. Esta iniciativa se enmarca no II Plan Galego de Inclusión Social.

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, entregou hoxe os diplomas aos 25 participantes deste curso, que tivo lugar na sede da Fundación de Amigos de Galicia en Vilagarcía de Arousa. Os alumnos contarán cun seguimento dun técnico de emprego que valorará unha posible realización dun itinerario de inserción laboral personalizado.

Coro Piñeiro subliñou que, dada a conxuntura económica actual, as persoas precisan dunha maior formación teórico-práctica para acceder ao emprego, e, debido as dificultades engadidas coas que se atopan diversos colectivos para inserirse no mercado de traballo, é precisa a realización de cursos formativos orientados a este perfil de usuario. Neste caso, na súa maioría son mulleres de entre 20 e 30 anos sen estudos superiores.

Na súa intervención, Piñeiro referiuse á Lei de Inclusión Social e apuntou que contempla aos beneficiarios “non como meros receptores de subsidios, senón como persoas capaces de superar situacións adversas” e destacou o labor das entidades que traballan en favor da inclusión “por contribuír a incrementar as posibilidades de inserción no mercado laboral” destas persoas.

A secretaria xeral de Política Social lembrou que “a Xunta está a manter o compromiso de non deixar de atender aos colectivos mais vulnerables”.De feito, a Consellería de Traballo e Benestar destinou máis de 850.000 euros o ano pasado para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social.

 

Compártao :