Recalcou que o obxectivo é axustar o capítulo de gastos de persoal da Comunidade Autónoma intentando “non baixar as retribucións dos empregados públicos, pero si diminuír algunhas cuestións no ámbito da Función Pública que supoñen diñeiro, que non son retribucións” por exemplo días de libre disposición ou o plus de altos cargos
“Cando volvamos a recuperar a economía, poderemos recuperar algunhas cousas que en época de bonanza se poden entender, pero en época de escaseo, de estreitez e de paro non se poden manter”
Explicou que as medidas de aforro adoptadas enmárcanse na necesidade de anticiparse á previsible contracción da economía neste ano 2012, polo que hai que reducir o gasto ante a previsión de baixada de ingresos e manter o obxectivo de déficit público pactado co Goberno do Estado
Santiago, 3 de febreiro de 2012.- O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o seu Goberno ten como obxectivo diminuír en 80 millóns de euros o capítulo de gastos de persoal da Xunta sen necesidade de recortar os soldos dos empregados públicos. Nunha entrevista concedida á emisora de radio Cadena Cope, Feijóo explicou que hoxe mesmo están convocadas as organizacións sindicais para demandarlles “un esforzo no ámbito da Función Pública”. “Hai 90.000 persoas que traballan na Xunta de Galcia, en todos os sectores: sanidade, xustiza, educación e administración xeral; e imos a pedirlles un esforzo, polo que parecía razoable que antes de pedir un esforzo aos empregados públicos, os altos cargos da comunidade sigan facendo esforzos” explicou Feijóo para referirse á supresión do plus de altos cargos, que deixa de ter efecto desde xa. “A partir de febreiro e durante o tempo que dure a crise ninguén vai percibir o plus de altos cargos”, recalcou. Compre lembrar que este plus foi aprobado polo anterior Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas.
Segundo explicou o presidente, as medidas de aforro adoptadas enmárcanse na necesidade de anticiparse á previsible contracción da economía neste ano 2012, polo que hai que reducir o gasto ante a previsión de baixada de ingresos e manter o obxectivo de déficit público pactado co Goberno do Estado. Non obstante, Feijóo recalcou que o obxectivo é axustar o capítulo de gastos de persoal da Comunidade Autónoma intentando “non baixar as retribucións dos empregados públicos, pero sí diminuír algunhas cuestións no ámbito da Función Pública que supoñen diñeiro, que non son retribucións” por exemplo días de libre disposición ou o plus de altos cargos. “Vamos a concretar cos sindicatos un prazo razoable cun indicador razoable. Cando volvamos a recuperar a economía, poderemos recuperar algunhas cousas que en época de bonanza se poden entender, pero en época de escaseo, de estreitez e de paro non se poden manter”, insistiu.
Por outra banda, Núñez Feijóo matizou que no caso de que “se a economía sigue empeorando, se os ingresos se desploman, se non somos capaces, pola contracción económica prevista para este año 2012 de cumprir el déficit público, pois loxicamente teremos que seguir falando”. Non obstante lembrou que Galicia leva case tres anos “facendo esforzos” como a diminución das contratacións, a redución do 50% de altos cargos e a supresión de dous de cada tres entes públicos, co único obxectivo de afrontala crise.