Xunta de Galicia

Inicio

Javier Guerra salienta que “co compromiso de todos o futuro de Vulcano será tan lonxevo como o seu pasado e mellor”

O conselleiro de Economía e Industria destaca que a Xunta fixo todo o posible para salvar Vulcano e agora “é labor de todos, dos directivos e dos traballadores, evitar que esta situación volva a ocorrer”

Guerra lembra que o apoio da Xunta a Vulcano e aos máis de 1.000 empregos que xera comezou fai tempo, co respaldo á construción do Buque 533

O titular de Economía e Industria agradeceu a colaboración do Ministerio de Industria para garantir a viabilidade do estaleiro
 

Declaracións de Javier Guerra 1
  • Javier Guerra visitou as instalacións de Vulcano
  • Javier Guerra visitou as instalacións de Vulcano
  • Javier Guerra visitou as instalacións de Vulcano
  • Javier Guerra visitou as instalacións de Vulcano
  • Javier Guerra visitou as instalacións de Vulcano

Vigo, 11 de febreiro de 2012.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou esta mañá as instalacións do estaleiro Vulcano en Vigo, un día despois da noticia de adhesión de Pymar á quita proposta pola empresa, decisión que permite abrir unha nova etapa de actividade. Entre os directivos e traballadores da empresa o conselleiro salientou que a Xunta de Galicia fixo todo o posible para que “este renacemento” se produza, “pero agora é labor de todos nós, dos directivos e traballadores, evitar que esta situación límite volva a ocurrir, algo que estou seguro, que co compromiso de todos, non volverá a pasar”. Afirmou Guerra que, con este compromiso, o futuro de Vulcano “será tan lonxevo como o seu pasado e mellor”.

“A historia empezou fai un ano e medio cando ninguén cría na viabilidade deste estaleiro”, lembrou o conselleiro que fixo fincapé en que a Xunta de Galicia confiou en Vulcano como demostrou co seu apoio á construción do buque 533. Destacou Javier Guerra que o compromiso da Xunta de Galicia co naval galego é firme, e lembrou que “a nosa última posibilidade é deixar que peche un estaleiro, polo que faremos todo o posible para que iso non ocorra”.

O conselleiro quixo agradecer ao Ministerio de Industria, ao seu Secretario Xeral e o Director Xeral de Industria, o seu apoio e confianza na viabilidade do estaleiro que permitirá o mantemento de máis de 1.000 postos de traballo, e lembrou que “que hoxe celebramos o primeiro día da nova etapa de Vulcano”.

 

Compártao :