Xunta de Galicia

Inicio

O Consorcio Provincial de Bombeiros acorda renovar o convenio con Unespa para o establecemento, mellora e ampliación dos servizos de prevención e extinción de incendios

O pleno do consorcio reuniuse esta mañá na sede da Deputación provincial da Coruña

O concerto permite a liquidación e recadación da contribución especial para optimizar a prestación do servizo

  • Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros

A Coruña, 13 de febreiro de 2012.- O pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña acordou esta mañá renovar o convenio subscrito coa Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradores (Unespa), que permite o establecemento, mellora e ampliación dos servizos de prevención e extinción de incendios.

O concerto terá vixencia por un ano, desde o 1 de xaneiro de 2012, e posibilitará optimizar a prestación do servizo contra incendios a través da liquidación e recadación da contribución especial que Unespa deberá abonar ao Consorcio.

A decisión de renovar o convenio adoptouse hoxe no pleno celebrado na sede da Deputación provincial da Coruña. A entidade, conformada por Xunta e Deputación, conta este ano cun orzamento de 8,3 millóns de euros para o mantemento dos dez parques de bombeiros que a conforman (Arteixo, Carballo, Boiro, Ribeira, Arzúa, Ordes, Betanzos, As Pontes, Cee e Santa Comba).
 

Compártao :