As vivendas están en construción en Perillo
Sortearanse entre os inscritos no Rexistro de Demandantes á data de hoxe
Os interesados deberán solicitar, antes do 2 de marzo, a súa inclusión no sorteo
Santiago, 13 de febreiro de 2011.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo, a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, iniciou o procedemento para a adxudicación de catro vivendas protexidas, de promoción privada, que se atopan en construción no concello coruñés de Oleiros.
As vivendas, de réxime xeral e destinadas á compravenda, emprázanse na Parcela B3-PPSUP 6-URB. Obelisco Perillo (Oleiros) e os promotores prevén rematar as obras de construción no mes de decembro de 2013.
As vivendas adxudicaranse por sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes á data de inicio do procedemento (13 de febreiro de 2012).
Os interesados nestas vivendas, ademais de estar inscritos no Rexistro de Demandantes deberá solicitar a súa inclusión no sorteo das mesmas, mediante un escrito dirixido a dito Rexistro, para o que dispoñen de prazo ata o 2 de marzo.