O encontro supón a primeira toma de contacto entre a Consellería e o Ministerio para facer un repaso das actuacións de interese xeral en Galicia en materia de Augas e Costas
Santiago, 16 de febreiro de 2012.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo hoxe en Madrid unha reunión de traballo co secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, na que tamén participaron o director xeral da Auga, Juan Urbano, e de Costas, Pablo Saavedra.
O encontro supón a primeira toma de contacto entre a Consellería e o e o Ministerio de Medio Ambiente para facer un repaso das actuacións de interese xeral en Galicia en materia de Augas e Costas.