Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.374 novas:

26/04/2024 | 21:45 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade
26/04/2024 | 20:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O conselleiro de Cultura garante a implicación da Xunta de Galicia na difusión da figura e obra de Otero Pedrayo

José López Campos participa nas xornadas do Abril Oteriano, que se celebran hoxe e mañá no Liceo de Ourense, entidade coa que o Goberno galego está en proceso de sinatura dun convenio de colaboración de 30.000 euros para melloras neste inmoble

26/04/2024 | 17:34 | C. de Sanidade

O número de códigos ictus activados durante o ano pasado en Galicia foi de 2.409 e rexistráronse 491 fibrinolises e 468 trombectomías

Así o destaca o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, no acto de inauguración da XXXVII Reunión Anual da Sociedade Galega de Neuroloxía 

26/04/2024 | 17:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As alumnas de ‘Muxía en órbita’, do Instituto Ramón Caamaño, representarán a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea

O Centro Integrado de FP Compostela acolleu a presentación de resultados dos 23 equipos participantes na fase galega de Cansat

26/04/2024 | 16:08 | C. do Mar
26/04/2024 | 16:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avoga polo impulso da ciencia e a innovación tras a integración de GAIN en educación

O conselleiro preside a toma de posesión de Carmen Cotelo como nova directora da Axencia Galega de Innovación, que se compromete a aproveitar “todo o potencial de talento e coñecemento” para facer de Galicia “un referente de I+D+i”. 

26/04/2024 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a capacidade dinamizadora do Bono Activa Comercio en Pontevedra na primeira xornada de uso polos clientes

O delegado territorial visitou varias tendas do centro pontevedrés e corroborou a satisfacción dos comerciantes coa iniciativa