Actualidade
Buscador de novas
A Xunta visita ás familias que participan no programa ‘Peques’ da Fundación María José Jove
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta tarde a unha sesión desta iniciativa
A Xunta colabora con preto de medio cento de empresas do sector para enxalzar a calidade da produción galega na feira internacional Alimentaria de Barcelona
O Goberno autonómico tamén organiza diferentes actividades para os asistentes, como catas comentadas, talleres e demostracións de cociña co fin de promocionar os produtos galegos de calidade diferenciada
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisa as obras de mellora do camiño de Reboredo, en Dozón
As obras foron posibles grazas a un investimento de máis 46.000 euros por parte da Xunta
Gandeiros galegos intercambian coñecemento e novas tecnoloxías aplicadas a explotacións de vacún de leite nunha viaxe a Dinamarca promovida pola Xunta
Trátase dunha actividade formativa complementaria aos cursos “Gandeiros 20-30”, tamén organizados polo goberno autonómico, na que participaron unha decena de persoas que participaron previamente nestas xornadas
A Xunta destaca o bo exemplo do equipo monfortino gañador do certame nacional ‘Coñecementos financeiros’
A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa da Consellería de Educación transmítelles as felicitacións do Goberno galego a estes rapaces do Instituto IES Río Cabe “por ter superado este reto co mellor resultado”
A Xunta adxudica por preto de 1,9 M€ a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte e o Alto do Faro e na LU-533 ao paso polo concellos de Chantada e do Saviñao
As intervencións levaranse a cabo no treito de 13,5 km da vía CG-2.1 e en algo máis de 4,4 km da LU-533, desde o núcleo urbano de Chantada ata Escairón
A facultade de Filoloxía acolle ata o 18 de abril unha exposición que visibiliza o legado das mulleres na literatura universal
O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da mostra ‘8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo’, que conta co apoio da Xunta
O Sergas resolve o proceso de estabilización, por concurso de méritos, de facultativo especialista de área de pediatría en postos de difícil cobertura e pediatra de atención primaria
Neste proceso resultan nomeados como persoal estatutario fixo 12 profesionais na categoría de facultativo especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas e 58 pediatras de atención primaria