Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca o compromiso da Xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento neste eido desde 2020
Os orzamentos deste ano reservan 6,3 M€ a este eido, un 10 % máis que no 2023
Activo un incendio forestal no concello coruñés de Rois, parroquia de Herbogo
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas
Galicia presume en Gourmets da calidade dos seus produtos do agro e do mar e resalta que carnes, peixes, mariscos e conservas son a base dunha dieta saudable
Alfonso Villares aposta por reforzar a promoción para acadar novos récords nas exportacións dos produtos do mar como o de 2023 e insta a favorecer o consumo interno coa rebaixa do IVE duns alimentos que melloran a calidade de vida
Román Rodríguez agradece a Espido Freire a súa contribución á reflexión sobre o uso das tecnoloxías
A iniciativa forma parte do programa do ciclo de Cultura Científica impulsado pola Xunta de Galicia en torno á dixitalización e o seu uso nas aulas
O delegado territorial entrega os carnés a 35 efectivos da Protección Civil
O acto involucrou ás agrupacións de Dozón, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Moraña, Poio, Tui, Valga e Vilanova de Arousa
Rueda destaca a posta en marcha de 166 novas prazas públicas para o coidado de persoas con discapacidade
Destaca que esta medida facilitará que os usuarios e as súas familias sexan atendidos na súa contorna, sen necesidade de que teñan que facer longas distancias
Rueda anuncia que arrancan os trámites para facer efectiva a matrícula gratuíta para todos os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do vindeiro curso 2024-25
Salienta que, deste xeito, o acceso ao ensino público en Galicia “será totalmente gratis” desde as escolas infantís ata rematar unha carreira
A exposición ‘Tesouros reais’ recibe un total de 10.000 visitas no seu primeiro mes na Cidade da Cultura
‘Tesouros reais’ amosa en Santiago de Compostela, como única cita en España, un tesouro artístico único no mundo, pertencente ao Terra Sancta Museum de Xerusalén
Oia renova a “Estrada Vella” grazas ás axudas para embelecemento do litoral da Xunta
O delegado territorial visitou o resultado das obras e destacou a importancia da colaboración entre os concellos e o goberno autonómico