Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.104 novas:

16/04/2024 | 18:11 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela a aproveitar a boa marcha da economía galega para impulsar o desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia

Ratifica o compromiso da Xunta co acompañamento ao tecido empresarial, con instrumentos como a Oficina Económica de Galicia dependente do Igape ou os plans directores por sectores

16/04/2024 | 15:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta celebra a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento

Despois de que Turismo de Galicia informase favorablemente, vén de recibir a resolución da Secretaría de Estado de Turismo que se publicará no BOE

16/04/2024 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 2 ofertas para executar a renovación e instalación de iluminación na senda peonil da estrada PO-549, que comunica Vilanova e Vilagarcía de Arousa

A intervención, licitada por máis de 260.000 euros, permitirá actuar no itinerario peonil executado nesta vía autonómica en Corón cun investimento de 1,1 M€

16/04/2024 | 14:49 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal en Crecente (Pontevedra)

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 170 ha

16/04/2024 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada OU-311 ao paso polo concello da Mezquita

Esta actuación forma parte dun contrato que inclúe o acondicionamento da capa de rodaxe noutras 3 estradas nos municipios de Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio, cun investimento global de 1,2 M€

16/04/2024 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
16/04/2024 | 12:46 | C. do Medio Rural

Incorpórase hoxe o persoal laboral contra incendios da Xunta, que traballará xa este ano durante 7 meses, mellorando a súa estabilidade e incidindo na prevención

A medida beneficia case un milleiro de traballadores, que viñan traballando 6 meses ao ano e que a partir de agora, de xeito gradual, irán incrementando os seus contratos ata os 9 meses, no horizonte de 2026