Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.141 novas:

18/04/2024 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia do sector mineiro na transición cara a unha economía dixitalizada e descarbonizada

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da Asemblea Ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia

18/04/2024 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A réplica da maqueta do Plan Palacios volve a Vigo tras exhibirse en Madrid catro meses con motivo do 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés

As pezas, elaboradas polo alumnado do Instituto IES Politécnico, regresan ao hall do edificio da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo para ser expostas de novo tras estar cedidas en préstamo temporal

18/04/2024 | 12:03 | C. do Mar

Cetmar e 12 institucións de 5 países traballan nunha investigación europea para reducir a captura incidental de megafauna mariña ameazada

O proxecto Reduce buscará a colaboración de todas as partes interesadas para abordar este desafío e contribuír a unha xestión pesqueira más sostible

18/04/2024 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta aos empresarios do Porriño a cuarta edición do programa Responsabilízate para impulsar a Responsabilidade Social en 200 pemes galegas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, lembrou que a iniciativa, que brinda asesoramento gratuíto, se atopa en fase de captación de empresas

18/04/2024 | 11:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta potencia na feira Innovart 24 as ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas que reúnen a 6.000 personas, case o dobre que na primeira edición

Os conselleiros fan fincapé na importancia destas ensinanzas como canteira tanto da cultura como do deporte en Galicia e destacan o traballo para profesionalizalas

18/04/2024 | 10:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta no Comité europeo das rexións por un mecanismo para superar os obstáculos entre fronteiras europeas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu durante o pleno para amosar o apoio galego á creación dunha ferramenta para facilitar as relacións entre fronteiras europeas

18/04/2024 | 10:08 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas

17/04/2024 | 19:44 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira

O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie de 2,5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés