Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.752 novas:
Feijóo anuncia a activación do programa ‘Conecta 72’, que asegura o seguimento asistencial a todos os pacientes nas horas posteriores a recibir unha alta hospitalaria

30/10/14 | 14:37  | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Feijóo anuncia a activación do programa ‘Conecta 72’, que asegura o seguimento asistencial a todos os pacientes nas horas posteriores a recibir unha alta hospitalaria

Explica que todos os pacientes que sexan dados de alta nun hospital recibirán nas 72 horas seguintes unha consulta telefónica por parte do persoal de enfermaría do seu centro de saúde

Asegura que este seguimento posterior valorará aspectos como, por exemplo, os diagnósticos pendentes de resolver, de habelos; o coñecemento e o manexo, se procede, da medicación prescrita, as drenaxes, as curas, as vías, as sondas, a osixenoterapia; e a confirmación e orientación das citas pendentes que aparecen no informe de alta

Destaca que esta iniciativa beneficiará aproximadamente preto de 230.000 cidadáns que cada ano reciben unha alta hospitalaria, e que se porá en marcha de forma pioneira nun centro de saúde por cada área de xestión para, posteriormente, estendela a todos os centros durante o ano 2015

escoitar

30/10/14 | 14:23  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación confirma que o Mercado dos Mouros, en Valga, é un xacemento romano que será obxecto de protección

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado do alcalde da localidade, José María Bello Maneiro, e de técnicos de Patrimonio, visitou esta mañá o enclave

escoitar
Medio Ambiente executa esta noite a extensión da capa de rodadura na rotonda de Sabón

30/10/14 | 14:12  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Medio Ambiente executa esta noite a extensión da capa de rodadura na rotonda de Sabón

Entre hoxe e mañá, venres 21, dende as 22:30 ata as 07:00 da mañá, procederase á materialización destas tarefas na entrada e saída inferior da AC-552 na Glorieta de Sabón

A circulación será desviada pola estrada A Coruña-Sabón (AC-415)
 

escoitar
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano

30/10/14 | 14:06  | A Presidencia da Xunta

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano

escoitar
Cores Tourís comprobou as obras do Plan Marco que se executaron nos camiños municipais da parroquia de Sela en Arbo

30/10/14 | 14:02  | C. do Medio Rural e do Mar

Cores Tourís comprobou as obras do Plan Marco que se executaron nos camiños municipais da parroquia de Sela en Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou, xunto ao alcalde do municipio, as obras de drenaxe e mellora de firmes e pavimentos das pistas de Chorio e Carballeira

A Consellería de Medio Rural e Mar destinou a estes traballos máis de 50.200 euros
 

escoitar

30/10/14 | 13:57  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Medio Ambiente solta 7.000 exemplares de pintos de salmón para repoblar o río Tea, ao seu paso por Mondariz

En setembro tamén se procedeu á solta de 37.000 exemplares de angulóns europeos

escoitar
Xesús Vázquez Abad destaca o impacto do Womex na proxección da música galega, con máis de 400 reunións de artistas e produtoras galegas con profesionais internacionais

30/10/14 | 13:48  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Xesús Vázquez Abad destaca o impacto do Womex na proxección da música galega, con máis de 400 reunións de artistas e produtoras galegas con profesionais internacionais

O conselleiro subliñou as oportunidades para a música galega que, grazas a esta feira, se abriron en países e rexións como Estados Unidos, Reino Unido, Iberoamérica, Israel ou Francia

Vázquez sinalou que o Womex deixou en Galicia un beneficio próximo aos 3 millóns de euros e supuxo a creación de 400 empregos para a produción deste, ademais de xerar unha valiosa proxección exterior

O titular de Cultura chamou a atención sobre as posibilidades da Cidade da Cultura como espazo para acoller eventos internacionais desta dimensión despois do bo funcionamento desta feira no Gaiás
 

escoitar

30/10/14 | 13:01  | C. do Medio Rural e do Mar

Portos de Galicia acada un aforro medio do 64% en mantemento eléctrico no segundo ano de unificación do servizo

Esta fórmula permite o control do gasto e unha mellor capacidade de resposta ante incidencias

A efectividade económica da medida incrementouse no último exercicio no que aumentaron as actuacións debido aos danos dos temporais

Está en funcionamento nas franxas litorais entre Ribadeo e Ares; Pontedeume e Muxía; Fisterra e Porto do Son; Corrubedo e Vilagarcía; Vilagarcía e Pontevedra; e Marín e Tui
 

escoitar
Conde presenta uns orzamentos centrados en "consolidar o crecemento" construíndo unha Galicia "máis competitiva, exportadora e sostible"

30/10/14 | 12:57  | C. de Economía e Industria

Conde presenta uns orzamentos centrados en "consolidar o crecemento" construíndo unha Galicia "máis competitiva, exportadora e sostible"

O conselleiro de Economia e Industria salienta que as súas contas se basean na responsabilidade, rigor e seriedade coa fin de estimular o tecido produtivo galego para crecer e crear emprego

Destaca que no ano 2015 a Consellería mobilizará 150 millóns na renovación industrial de Galicia cara a creación da Industria 4.0

Aposta polo impulso dos sectores estratéxicos de Galicia como o naval e a automoción ao mesmo tempo que se potencia a diversificación e consolidación de novos sectores como o aeronáutico

Mantén o esforzo en materia de innovación con 50 millóns euros para impulsar proxectos innovadores que reforcen a competitividade do tecido produtivo

Destínanse 6 millóns á creación de novas Unidades Mixtas de Innovación que se sumarán ás 8 activadas no 2014 e que mobilizarán 30 millóns

As contas manteñen o compromiso de 20 millóns para impulsar a saída ao exterior das empresas galegas, que no 2015 se verá apoiada pola activación da nova Estratexia de Internacionalización

No contexto do apoio integral ao emprendemento, o fondo de capital risco Galicia Emprende suma 5 millóns de euros para dar apoio a 80 novos proxectos empresariais

No eido da enerxía, duplícase o orzamento para mellorar a eficiencia enerxética na industria con 4,3 millóns, e incorporarase un Plan Renove de Vivendas dotado con 3,7 millóns que estimulan a demanda interna en sectores como a pedra, a madeira ou construción metálica

Promóvese a creación dunha Rede de Mercados Excelentes á que se destinarán 20 millóns de euros ata o ano 2020
 

escoitar

30/10/14 | 11:47  | C. de Economía e Industria

Os clientes do Centro comercial aberto Os Mallos, na Coruña, poden escoller o seu comercio favorito e conseguir agasallos coa campaña Máis que comercio!

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, presentou hoxe esta iniciativa, coa que a Consellería de Economía e Industria busca reforzar o comercio de proximidade e impulsar as vendas
 

Os clientes dos establecementos asociados ao CCA poderán votar durante todo o mes de novembro
 

O comercio máis votado recibirá un recoñecemento público ao seu labor
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear