Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.749 novas:
Anxo Lorenzo asiste á recepción de Rafael Moneo como académico de honra da Real Academia de Belas Artes

25/10/14 | 17:18  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Anxo Lorenzo asiste á recepción de Rafael Moneo como académico de honra da Real Academia de Belas Artes

escoitar
Os obradoiros de cociña Peque Chef achegan aos máis cativos en Lalín a calidade dos produtos dos mercados de abastos

25/10/14 | 13:45  | C. de Economía e Industria

Os obradoiros de cociña Peque Chef achegan aos máis cativos en Lalín a calidade dos produtos dos mercados de abastos

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou os diplomas aos rapaces que participaron nos talleres organizados pola Federación Galega de Prazas de Abastos (Fepragal) co apoio de Economía e Industria

O impulso a esta iniciativa enmárcase na estratexia da Xunta para consolidar as prazas de abastos como líderes na venda do produto fresco e de calidade
 

escoitar
Cultura e Educación participa no VIII Congreso de Psicoloxía Xurídica e Forense, que reúne en Santiago a expertos internacionais na materia

25/10/14 | 13:20  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación participa no VIII Congreso de Psicoloxía Xurídica e Forense, que reúne en Santiago a expertos internacionais na materia

O director xeral de Educación, FP e Innovación da Xunta, Manuel Corredoira, salientou que Galicia é a primeira comunidade que conta cun protocolo sobre o acoso escolar que tamén incorpora o ciberacoso

escoitar

25/10/14 | 13:00  | Axencia de Turismo de Galicia

Inaugúrase o ciclo ‘Beléns. De Asís a Compostela. Figuras, formas e motivos’ que percorrerá diversas cidades do camiño realizado por San Francisco

Esta mostra, promovida por Turismo de Galicia no marco do VIII Centenario, poderá verse en Sarria ata o vindeiro 30 de novembro

Trátase dun recoñecemento ao impulso e propagación universal da devoción popular ao Misterio de Belén de San Francisco de Asís

A exposición percorrerá as cidades de Burgos, Carrión de los Condes, Astorga, Roda e Medina de Rioseco e en Galicia, en Sarria, Portomarín, Santiago de Compostela e Ourense

escoitar
Benestar apoia as persoas con dano cerebral a través da implantación dunha carteira específica para este colectivo

25/10/14 | 12:45  | C. de Traballo e Benestar

Benestar apoia as persoas con dano cerebral a través da implantación dunha carteira específica para este colectivo

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe no III Foro de familias de persoas con dano cerebral adquirido

Piñeiro indicou que a finais de ano se terán creado un total de 62 novas prazas de atención diúrna terapéutica para dano cerebral

A carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia entrou en vigor o pasado ano

escoitar
Vázquez Abad participa nunha homenaxe a 41 profesores xubilados na provincia de Ourense, na que salienta a achega dos docentes ao progreso colectivo

25/10/14 | 12:45  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Vázquez Abad participa nunha homenaxe a 41 profesores xubilados na provincia de Ourense, na que salienta a achega dos docentes ao progreso colectivo

O conselleiro de Cultura e Educación transmitiulle a súa “admiración e recoñecemento” aos galardoados pola súa paixón e entrega no labor educativo

Dixo que o compromiso do Goberno galego cos ensinantes se plasma en iniciativas concretas como “o recoñecemento social do profesorado e a súa consideración como autoridade”

Subliñou a aposta do departamento que dirixe pola formación como un dos principais eixos de futuro no ámbito educativo

Preto de 8.500 docentes participan neste curso en actividades de formación personalizada, un 10 por cento máis que no curso pasado

O acto foi organizado polo sindicato Anpe-Ourense en colaboración co colectivo ‘O defensor do profesor’

escoitar

25/10/14 | 12:38  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Consellería de Medio Ambiente comezará nas vindeiras semanas a execución dunha senda peonil entre a parroquia de Priegue e Nigrán, na estrada Vigo-Tui

O obxectivo da actuación é a creación dun itinerario de 710 metros de lonxitude pola marxe dereita da estrada PO-552, mellorando a seguridade viaria dos viandantes

Os veciños de Nigrán poderán achegarse desde esta localidade ata a travesía das Rexas utilizando a senda executada ao longo da estrada autonómica

escoitar

25/10/14 | 12:32  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia do labor dos membros das asociacións de voluntarios de protección civil na nosa Comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, inaugurou o II Encontro Provincial de de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña

escoitar
A Xunta destaca a importancia de reforzar a atención ás persoas con discapacidades para avanzar na igualdade real

25/10/14 | 12:10  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia de reforzar a atención ás persoas con discapacidades para avanzar na igualdade real

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe as II Xornadas Estatais da Muller Xorda, que se celebran na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

O Goberno galego ve prioritario avanzar nas políticas no ámbito da discapacidade e por iso o proxecto da Lei de Accesibilidade atopase xa en debate parlamentario

López Abella destacou o traballo “continuo, diario e entregado” das asociacións que asegura o desenvolvemento das persoas xordas, especialmente as mulleres
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear