Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.742 novas:

23/10/14 | 19:38  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

López Abella destaca a importancia que ten nestes tempos o emprendemento femenino para o desenvolvemento económico e social de Galicia

A secretaria xeral de Igualdade participou hoxe na mesa de debate “O emprendemento feminino: unha achega necesaria”

escoitar
Cultura e Educación destaca o intenso arranque do Womex na Cidade da Cultura, con 3.000 profesionais procedentes de 100 páises distintos

23/10/14 | 18:33  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación destaca o intenso arranque do Womex na Cidade da Cultura, con 3.000 profesionais procedentes de 100 páises distintos

A edición coa máis ampla presenza galega de toda a historia do festival conta cun amplo programa de concertos, encontros profesionais, networking, conferencias, showcases, filmes e documentais ten lugar desde hoxe ata o domingo no complexo do Gaiás

Womex destaca a boa organización e as enormes posibilidades da Cidade da Cultura de Galicia para acoller eventos internacionais desta dimensión

Esta feira internacional, considerada a mais relevante de ‘world music’, estímase que deixará en Galicia un beneficio de 2,5 millóns de euros
 

escoitar
Nava Castro inaugura na Illa da Toxa o Encontro de Vilas Termais, que celebra a súa décimo primeira edición

23/10/14 | 17:57  | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro inaugura na Illa da Toxa o Encontro de Vilas Termais, que celebra a súa décimo primeira edición

A iniciativa, impulsada pola Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais, reunirá en Galicia decenas de expertos e representantes de empresas e dos concellos que teñen o privilexio de contar con este recurso natural

A directora de Turismo de Galicia destacou que o termalismo constitúe en Galicia un dos elementos con maior potencialidade para crear experiencias turísticas singulares e xerar novos fluxos e evitar a estacionalidade

escoitar
O programa ‘Venres nas librarías’ fai parada en Vigo coa presentación do novo libro de Ledicia Costas

23/10/14 | 17:36  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O programa ‘Venres nas librarías’ fai parada en Vigo coa presentación do novo libro de Ledicia Costas

O programa de dinamización do libro e da lectura impulsado pola Xunta, a AGE e a Federación de Librarías propón un encontro literario coa autora viguesa arredor da obra ‘Escarlatina, a cociñeira defunta’, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014

A Casa do Libro acollerá o acto a partir das 20 horas
 

escoitar
A conselleira de Facenda subliña que as familias e empresas galegas precisan un sector financeiro eficiente, solvente e áxil

23/10/14 | 16:16  | C. de Facenda

A conselleira de Facenda subliña que as familias e empresas galegas precisan un sector financeiro eficiente, solvente e áxil

Elena Muñoz Fonteriz destacou que a nova arquitectura financeira debe dar resposta ao reto da globalización, a innovación e a supervisión macroprudencial

Subliñou que no 2015 Galicia seguirá apostando pola consolidación fiscal, o emprego e o apoio ás empresas

A titular de Facenda clausurou en Santiago o encontro ‘O sector financeiro en Galicia’, organizado por APD

escoitar
Feijóo destaca a importancia de blindar por lei a calidade dos servizos públicos que presta a administración e os instrumentos para resarcir aos cidadáns cando non se vexa satisfeita

23/10/14 | 16:01  | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a importancia de blindar por lei a calidade dos servizos públicos que presta a administración e os instrumentos para resarcir aos cidadáns cando non se vexa satisfeita

Subliña o establecemento dun proceso de avaliación continua nos servizos prestados pola Xunta, cumprindo o compromiso de integrar o control como unha fase esencial da planificación dos servizos públicos

Elévase a rango de lei o dereito do cidadán a presentar suxestións e queixas ante a Administración, garantindo que existan á súa disposición mecanismos para a súa presentación
 

escoitar
A Conta Xeral ratifica que Galicia cumpriu no ano 2013 o obxectivo de déficit e confirma unha maior execución e un maior esforzo investidor

23/10/14 | 15:39  | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda

A Conta Xeral ratifica que Galicia cumpriu no ano 2013 o obxectivo de déficit e confirma unha maior execución e un maior esforzo investidor

Subliña que un ano máis, como vén ocorrendo desde 2009, Galicia axustouse aos parámetros fixados polo Consello de Política Fiscal e Financeira e cumpriu o déficit público, porque volve quedar por debaixo do 1,2%, que era o obxectivo, e pecha o exercicio cun déficit de 1,13% do PIB autonómico, fronte á media do conxunto das comunidades que se situou no 1,54%

Afirma que o déficit acumulado entre o ano 2009 e 2013 subiu en Galicia un 7,7% fronte a un 11,8% que tivo de media o conxunto das autonomías, polo que “outra vez volve acreditar que seguimos cun dos déficits públicos máis baixos a pesar da recesión económica”

Destaca que ter conseguido este obxectivo confirma que “a Xunta xestiona con realismo” e acredita que os ingresos da Comunidade autónoma foron 95 millóns de euros máis que os previstos ao confeccionar o orzamento

Resalta que a Conta Xeral de 2013 constata que Galicia mellorou a súa porcentaxe de execución con respecto ao ano 2012 en catro puntos; e que en 2013 foi a cuarta comunidade que realizou maior esforzo investidor, 4,2 puntos máis que o conxunto de autonomías, priorizando sempre a política social

escoitar
A Xunta convida á FEGAMP a enriquecer coas súas achegas o Anteproxecto de lei do solo para acadar unha norma de consenso ao servizo da planificación urbanística municipal

23/10/14 | 14:54  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta convida á FEGAMP a enriquecer coas súas achegas o Anteproxecto de lei do solo para acadar unha norma de consenso ao servizo da planificación urbanística municipal

A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas trasládalles aos representantes das administracións locais o seu convencemento de que o éxito desta norma “pasa polo diálogo e o consenso”

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio salienta que o Anteproxecto de lei pretende atender as demandas actuais da planificación urbanística municipal, como demostra a creación da figura dos plans básicos

Destaca que a norma aumenta a autonomía municipal, pois deixa en mans dos concellos as autorizacións da maioría dos usos en solo rústico

Remarca que os municipios de máis de 50.000 habitantes poderán dar aprobación definitiva aos seus plans xerais cun informe previo vinculante da Xunta
 

escoitar
Cores Tourís comprobou o avance das obras da nave da conserveira Orbe no polígono de Ponte Caldelas

23/10/14 | 14:50  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Cores Tourís comprobou o avance das obras da nave da conserveira Orbe no polígono de Ponte Caldelas

A firma pon en marcha así a construción dunha nova planta que suporá un investimento de 8 millóns de euros

O delegado territorial destacou a importancia da implantación desta firma para a comarca de Pontevedra
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear