Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.765 novas:

25/10/14 | 13:00  | Axencia de Turismo de Galicia

Inaugúrase o ciclo ‘Beléns. De Asís a Compostela. Figuras, formas e motivos’ que percorrerá diversas cidades do camiño realizado por San Francisco

Esta mostra, promovida por Turismo de Galicia no marco do VIII Centenario, poderá verse en Sarria ata o vindeiro 30 de novembro

Trátase dun recoñecemento ao impulso e propagación universal da devoción popular ao Misterio de Belén de San Francisco de Asís

A exposición percorrerá as cidades de Burgos, Carrión de los Condes, Astorga, Roda e Medina de Rioseco e en Galicia, en Sarria, Portomarín, Santiago de Compostela e Ourense

escoitar

25/10/14 | 12:45  | C. de Traballo e Benestar

Benestar apoia as persoas con dano cerebral a través da implantación dunha carteira específica para este colectivo

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe no III Foro de familias de persoas con dano cerebral adquirido

Piñeiro indicou que a finais de ano se terán creado un total de 62 novas prazas de atención diúrna terapéutica para dano cerebral

A carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia entrou en vigor o pasado ano

escoitar

25/10/14 | 12:45  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Vázquez Abad participa nunha homenaxe a 41 profesores xubilados na provincia de Ourense, na que salienta a achega dos docentes ao progreso colectivo

O conselleiro de Cultura e Educación transmitiulle a súa “admiración e recoñecemento” aos galardoados pola súa paixón e entrega no labor educativo

Dixo que o compromiso do Goberno galego cos ensinantes se plasma en iniciativas concretas como “o recoñecemento social do profesorado e a súa consideración como autoridade”

Subliñou a aposta do departamento que dirixe pola formación como un dos principais eixos de futuro no ámbito educativo

Preto de 8.500 docentes participan neste curso en actividades de formación personalizada, un 10 por cento máis que no curso pasado

O acto foi organizado polo sindicato Anpe-Ourense en colaboración co colectivo ‘O defensor do profesor’

escoitar

25/10/14 | 12:38  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Consellería de Medio Ambiente comezará nas vindeiras semanas a execución dunha senda peonil entre a parroquia de Priegue e Nigrán, na estrada Vigo-Tui

O obxectivo da actuación é a creación dun itinerario de 710 metros de lonxitude pola marxe dereita da estrada PO-552, mellorando a seguridade viaria dos viandantes

Os veciños de Nigrán poderán achegarse desde esta localidade ata a travesía das Rexas utilizando a senda executada ao longo da estrada autonómica

escoitar

25/10/14 | 12:32  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia do labor dos membros das asociacións de voluntarios de protección civil na nosa Comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, inaugurou o II Encontro Provincial de de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña

escoitar
A Xunta destaca a importancia de reforzar a atención ás persoas con discapacidades para avanzar na igualdade real

25/10/14 | 12:10  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia de reforzar a atención ás persoas con discapacidades para avanzar na igualdade real

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe as II Xornadas Estatais da Muller Xorda, que se celebran na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

O Goberno galego ve prioritario avanzar nas políticas no ámbito da discapacidade e por iso o proxecto da Lei de Accesibilidade atopase xa en debate parlamentario

López Abella destacou o traballo “continuo, diario e entregado” das asociacións que asegura o desenvolvemento das persoas xordas, especialmente as mulleres
 

escoitar

25/10/14 | 12:02  | C. do Medio Rural e do Mar

Rosa Quintana ofrece diálogo permanente e traballo conxunto á Federación Galega de Confrarías de Pescadores

Entre as cuestións urxentes a resolver, a conselleira citou o mantemento do arte do xeito, a loita contra o furtivismo e a mellora da comercialización

escoitar
Outros 100 alumnos do colexio Ventín de Santiago coñeceron o funcionamento de Meteogalicia

25/10/14 | 12:00  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Outros 100 alumnos do colexio Ventín de Santiago coñeceron o funcionamento de Meteogalicia

Ademais de visitar as instalacións e equipos, os técnicos explicaron aos visitantes cómo desenvolven o seu traballo diario para realizar os prognósticos meteorolóxicos

Os meteorólogos fixeron especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición
 

escoitar

25/10/14 | 11:50  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta asinou cos concellos convenios para recuperar preto de 3.700 vivendas nas áreas de rehabilitación integral cun investimento público de 48 millóns de euros desde 2009

As ARI creáronse en 1996 e desde entón en Galicia declaráronse 56 en 38 concellos, máis a área de rehabilitación dos Camiños de Santiago

Máis de 128 concellos galegos teñen área de rehabilitación e neles rehabilitáronse máis de 11.300 vivendas

Na actualidade están en execución 86 convenios en 35 concellos

O IGVS asinará novos acordos con 31 concellos galegos con áreas de rehabilitación vixentes para posibilitar o financiamento estatal, complementario do financiamento autonómico, das actuacións previstas

A Xunta dirixiuse esta semana a todos os concellos implicados solicitando que comuniquen a súa vontade de asinar os novos acordos de financiamento, así como a descrición das actuacións pendentes en cada área de rehabilitación

escoitar

25/10/14 | 11:30  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega abre o ciclo de faladoiros dixitais o 28 de outubro na Coruña cun encontro sobre innovación social

Celebrarase no espazo de coworking WeKCo, con participación aberta e gratuíta ata completar o aforamento

Desenvolverase con metodoloxía ‘PechaKucha’, un modelo de exposición áxil e dinámico que facilita a posta en común

Seis relatores poñerán en común a súa experiencia na execución de proxectos de innovación social

Poderá ser seguida vía streaming na web das rede de aulas CeMIt http://cemit.xunta.es/, ademais de en Twitter co hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital

 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear