Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.735 novas:

26/11/14 | 19:00  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación presenta o libro ‘Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso’

No volume, publicado por Alvarellos Editora en coedición coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xosé Manuel Maceira Fernández recupera a figura esquecida de Leandro Carré Alvarellos e o inxente labor cultural do galeguismo coruñés, desde o s. XIX ao período democrático

Deuno a coñecer esta tarde o secretario xeral de Política Lingüística nun acto que se celebrou na sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

escoitar
Alumnos do IES O Couto de Ourense reciben en Madrid o Premio Consumópolis de Consumo Responsable

26/11/14 | 16:32  | C. de Economía e Industria

Alumnos do IES O Couto de Ourense reciben en Madrid o Premio Consumópolis de Consumo Responsable

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañou aos estudantes, que se fixeron co recoñecemento na categoría de 1º e 2º de ESO a nivel nacional

Máis de 1.200 escolares galegos participaron o curso pasado na fase autonómica do certame, que coordina o Instituto Galego de Consumo

A novena edición desta iniciativa da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición estivo centrada no uso responsable das tecnoloxías da información e a comunicación

escoitar
A Xunta destaca as iniciativas para facilitar a creación de novas empresas e axilizar a súa tramitación coas administracións

26/11/14 | 14:27  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca as iniciativas para facilitar a creación de novas empresas e axilizar a súa tramitación coas administracións

O vicepresidente, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do ‘I Encontro entre empresas e concellos’, organizado pola Deputación Provincial da Coruña

A Xunta aprobou o ano pasado unha lei que eliminou de xeito xeral as licencias previas e substituíunas por comunicacións previas ou declaracións responsables

O portal ‘Pasaxe’ permite que as administracións compartan documentación común e evita ao empresario ter que entregar varias veces os mesmos datos e documentos

De aquí a dous anos as entidades locais galegas implantarán sistemas de licitación electrónica que se integrarán coa Plataforma de Contratación Pública de Galicia
 

escoitar
Cultura e Educación pon en marcha unha iniciativa pioneira para formar a alumnos e docentes de primaria no eido da programación informática, en colaboración co Colexio de Enxeñaría Informática

26/11/14 | 13:58  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación pon en marcha unha iniciativa pioneira para formar a alumnos e docentes de primaria no eido da programación informática, en colaboración co Colexio de Enxeñaría Informática

A iniciativa ‘Programación nas escolas’ ten como finalidade introducir aos escolares neste eido e ofrecerlles as ferramentas necesarias para comprender que son e como funcionan os ordenadores e os programas e aplicacións informáticas

Tamén abrangue a profesores e pais para que saiban facer partícipes aos escolares das vantaxes da programación en aspectos como a creatividade ou a resolución de problema

O programa está dirixido ao conxunto da comunidade escolar dos centros Abalar, e complementa a outros postos en marcha con esta entidade como o ‘Navega con Rumbo’

escoitar
Feijóo avanza a aprobación no Consello de mañá da Axenda industrial de Galicia: Galicia-Industria 4.0

26/11/14 | 13:57  | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a aprobación no Consello de mañá da Axenda industrial de Galicia: Galicia-Industria 4.0

Destaca o compromiso do Goberno galego coa Comunidade e cos galegos, reflectido tamén na aprobación dos Orzamentos de 2015 ou de normas como a Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración

Refírese, tamén, ao compromiso co rural, e asegura que “hoxe, no rural hai máis posibilidades e conta con máis servizos públicos que fai tan só sete anos, a pesar da crise económica”

Sobre as infraestruturas viarias, salienta o obxectivo de que o 80% da poboación que vive no rural estea a menos de 15 minutos dunha vía de alta capacidade; e, lembra que o Plan de desenvolvemento rural está dando os seus froitos, cun investimento de 25 millóns

No ámbito tecnolóxico, salientou que o 93% dos núcleos rurais, neste momento, teñen cobertura en internet

Lembra que o 29% do total dos centros plurilingües están no rural, ao igual que o 51% das rutas de transporte escolar e o 57% dos usuarios dos comedores escolares.

En materia de benestar, di que o 36% das residencias de maiores están, tamén, no rural así como o 52% dos centros de día para maiores

No tocante a aprobación da Lei de mellora da estrutura agraria, afirma que “este Goberno será o primeiro que exima de pagar impostos por cultivar todas as terras en Galicia”

No eido do financiamento, subliña que Galicia é a Comunidade que conta con máis centros de saúde por habitante e avoga por que se considere este feito diferencial, ao igual que o transporte escolar, o avellentamento e a dispersión

 

escoitar
O Concello da Pobra do Caramiñal remata as obras de mellora da Praza de Abastos, ás que a Xunta destinou unha achega de 105.000 euros

26/11/14 | 13:35  | C. de Economía e Industria

O Concello da Pobra do Caramiñal remata as obras de mellora da Praza de Abastos, ás que a Xunta destinou unha achega de 105.000 euros

Trátase dunha subvención da Consellería de Economía e Industria co fin de colaborar cos concellos na mellora competitiva do comercio de proximidade

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde do municipio, Isaac Maceiras, comprobaron esta mañá o resultado dos traballos
 

escoitar
Cores Tourís destaca que As Neves aforrará anualmente case 7.200 euros do seu recibo da luz ao mellorar a súa eficiencia enerxética

26/11/14 | 13:10  | C. de Economía e Industria

Cores Tourís destaca que As Neves aforrará anualmente case 7.200 euros do seu recibo da luz ao mellorar a súa eficiencia enerxética

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que a Consellería de Economía e Industria está a colaborar cos concellos a través dunha liña de axudas que permite aos municipios diminuír ata un 60% a factura eléctrica das instalacións substituídas

A iniciativa, que conta no sur da provincia, cun investimento de máis de 170.000 euros e na que participan 4 concellos, reducirá a factura eléctrica conxunta en preto de 32.500 euros por exercicio evitando a emisión á atmosfera de máis de 130,12 toneladas de CO2 ao ano
 

escoitar
O Mercado da Quintana posicionará a Galicia como destino turístico de Nadal á altura das grandes cidades europeas

26/11/14 | 13:04  | Axencia de Turismo de Galicia

O Mercado da Quintana posicionará a Galicia como destino turístico de Nadal á altura das grandes cidades europeas

Promovido por Turismo de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, reforzará o atractivo da nosa Comunidade e dinamizará o comercio durante esta festividade

Un Belén xigante de figuras artesanais instalado na Catedral de Santiago completará a oferta deste Nadal e enriquecerá a tradición belenística da nosa Comunidade

A directora de Turismo de Galicia sinalou que os mercados do Nadal son un forte reclamo turístico e unha das motivacións principais á hora de escoller destino durante esta festividade

escoitar
O Instituto de Estudos do Territorio destaca a importancia do emprego dos drons para a busca e elaboración de información xeográfica

26/11/14 | 12:45  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

O Instituto de Estudos do Territorio destaca a importancia do emprego dos drons para a busca e elaboración de información xeográfica

A Consellería de Medio Ambiente emprega estas aeronaves para a realización de traballos sobre o territorio como o voo oblicuo do ámbito do Plan Territorial Integrado da bacía do río Eume

O IET, mediante estes drons, tamén estudou 12 núcleos rurais para a captura de datos como as construcións singulares, os elementos característicos de cada zona ou a rede hidrográfica
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear