Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.393 novas:

30/01/15 | 14:39  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Héctor Francesch dinamiza o Museo de Belas Artes da Coruña con visitantes artístico-virtuais

A Consellería de Cultura e Educación presenta a instalación ‘Abarrote no museo’, realizada polo artista coruñés con siluetas de persoas en tamaño real

A intervención enmárcase no obradoiro ‘Artistas no museo’, unha actividade que favorece o contacto directo co proceso creativo e a implicación dos artistas na programación cultural do museo
 

escoitar
Cores Tourís anuncia a recepción por parte do Concello de Portas da senda peoníl sobre o Río Chaín

30/01/15 | 14:13  | C. do Medio Rural e do Mar

Cores Tourís anuncia a recepción por parte do Concello de Portas da senda peoníl sobre o Río Chaín

O delegado territorial visitou a obra que tivo un orzamento de 176.660 euros e senda dará continuidade a un camiño xa existente e que permite unir os concellos de Portas e o de Caldas de Reis e que, neste momento, remata á altura do dito río

A construción desta infraestrutura supón unha evidente mellora da calidade de vida dos cidadáns, evitando perigos innecesarios nos seus traslados dende un concello a outro

A obra incluíu a conservación e mellora das marxes do río, contribuído ao obxectivo de sustentabilidade e protección ambiental
 

escoitar
Cultura e Educación reforza a promoción internacional das curtas galegas coa presentación de ‘Shorts from Galicia’ no Festival de Clermont-Ferrand

30/01/15 | 14:00  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación reforza a promoción internacional das curtas galegas coa presentación de ‘Shorts from Galicia’ no Festival de Clermont-Ferrand

Disporá por vez primeira dun espazo de difusión propio na zona de mercado deste prestixioso encontro francés centrado nas curtametraxes, que arranca esta fin de semana coa asistencia de máis de 3.000 profesionais duns 80 países

A representación galega esténdese tamén ao apartado artístico, coa selección da fita ‘Ser e voltar’, de Xacio Baño, para a competición da sección Lab e a participación de Lois Patiño como xurado
 

escoitar

30/01/15 | 13:44  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Vázquez Abad clausura no CIFP A Farixa de Ourense unha xornada do programa da Consellería de Cultura e Educación ‘Atrévete’, co alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia

Esta iniciativa dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e de 2º de ESO de todos os centros sostidos con fondos públicos galegos, ten como obxectivo o fomento e a sensibilización do emprendemento no alumnado

escoitar

30/01/15 | 13:37  | C. de Traballo e Benestar

Benestar apoiou a Proxecto Home con máis de 530.000 euros en 2014 para diferentes liñas encamiñadas á reinserción social

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, clausurou hoxe unhas xornadas organizadas con motivo do 25 aniversario desta entidade

González lembrou que, ademais de con este convenio, Benestar apoia a Proxecto Home a través de fondos de cooperación, liñas AFD e de plans de voluntariado, nos seus sete centros e os tres pisos de información, orientación e apoio cos que contan en Galicia

En 2015 o orzamento destinado á inclusión medra nun 17,7%, ata os 70 millóns e, en concreto, a RISGA conta este ano con 47,7 millóns de euros, un 20 por cento máis en comparación co orzamento inicial de 2014

De cara a este exercicio, cabe destacar tamén o incremento na orde de contratación de perceptores da RISGA, que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano, que aumenta nun 100% ata os 10 millóns de euros

Este esforzo orzamentario compleméntase con outras actuacións, como a recente aprobación da Estratexia de Inclusión Social de Galicia (EIS) 2014-2020, que conta con 316 actuacións
 

escoitar

30/01/15 | 13:33  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Cultura e Educación anuncia a ampliación dos viveiros de empresa dos CIFP A Farixa e a Carballeira-Marcos Valcárcel e a creación dun novo en Verín en colaboración con Zona Franca de Vigo

Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o centro, onde participou nunha das xornadas formativas para os alumnos inscritos no programa Atrévete

escoitar
Benestar destina 57,4 millóns ao mantemento anual das máis de 4.000 prazas de maiores e discapacidade da provincia de Pontevedra

30/01/15 | 13:31  | C. de Traballo e Benestar

Benestar destina 57,4 millóns ao mantemento anual das máis de 4.000 prazas de maiores e discapacidade da provincia de Pontevedra

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, está a realizar unha rolda de visitas polos centros públicos da súa competencia en Galicia

Piñeiro visitou ás instalacións e mantivo un encontro cos directores, cos traballadores e cos propios usuarios de varios centros das localidades de Nigrán, Gondomar e O Porriño

Na provincia de Pontevedra, a Xunta oferta máis de 2.400 prazas públicas para persoas maiores e preto de 1.600 para persoas con discapacidade
 

escoitar
Conde pon a Bóveda como exemplo de concello emprendedor capaz de fixar tecido industrial

30/01/15 | 13:26  | C. de Economía e Industria

Conde pon a Bóveda como exemplo de concello emprendedor capaz de fixar tecido industrial

O conselleiro de Economía e Industria visita as infraestruturas do parque empresarial do municipio resaltando a nova rebaixa do 50% no custo do solo co obxectivo de atraer novos investimentos e empresas

Destaca que o apoio da Xunta ao polígono ten permitido mellorar os seus viais, impulsando a competitividade de empresas como Pazo de Lusío - Meles Anta

Avoga por manter a colaboración municipal, que mobilizou nos últimos 6 anos preto de 5 millóns en Bóveda impulsando actuacións que contribúen ao seu desenvolvemento económico e social

escoitar
A Xunta porá a disposición das familias galegas 500 novas prazas en escolas infantís financiadas con fondos públicos

30/01/15 | 13:24  | C. do Medio Rural e do Mar

A Xunta porá a disposición das familias galegas 500 novas prazas en escolas infantís financiadas con fondos públicos

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe en rolda de prensa a convocatoria dun concurso público para concertar prazas de 0-3 anos, unha iniciativa do Goberno galego que ten como obxectivo reforzar e complementar a aposta da Xunta pola conciliación da vida familiar e laboral

Mato destacou que, paralelamente a esta actuación, a Xunta seguirá coa planificación de construción e posta en marcha de novas escolas da Galiña Azul, unha rede que nestes momentos conta con 14 equipamentos en construción

A titular de Benestar explicou que o concurso centrarase nunha primeira fase nas sete grandes cidades e as súas áreas metropolitanas, as zonas con maior demanda

O departamento autonómico está a analizar esta iniciativa cos colectivos máis representativos dos centros de educación infantil de Galicia

Esta medida súmase a outras modalidades de recursos de educación infantil financiados pola Xunta (escolas propias, municipais, de iniciativa social e o cheque infantil) que na actualidade suman 19.200 prazas de 0-3 anos

escoitar

30/01/15 | 13:20  | Axencia de Turismo de Galicia

O turismo en Galicia bateu récords no ano 2014 ao recibir máis de 4 millóns de viaxeiros, dos cales máis dun millón foron internacionais

En canto as pernoitas, a nosa comunidade superou a cifra de 8,4 millóns, rexistrando un incremento do 4,5%

Galicia superou no pasado ano tanto o crecemento estatal da cifra de viaxeiros, que foi neste caso do 4,7%, como o de pernoitas que incrementáronse a nivel estatal nun 3,1%

O turismo internacional representou no 2014 o 26,3% dos viaxeiros e o 21,2% das pernoitas totais

O incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento rexistrando o turismo rural o incremento de maior intensidade cun crecemento do 16,3% en relación ao 2013
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear