Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.625 novas:
Gonzalo Mosqueira ofrece a colaboración técnica de Augas de Galicia para mellorar as deficiencias da depuradora de Ordes

02/10/14 | 11:58  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Gonzalo Mosqueira ofrece a colaboración técnica de Augas de Galicia para mellorar as deficiencias da depuradora de Ordes

O director de Augas de Galicia sinala que en 2012 remitiuse unha carta ao Concello na que se lle brindou esta posibilidade e que ata o momento non se tivo resposta

O sistema de abastecemento de Ordes presenta problemas de falta de mantemento

escoitar

02/10/14 | 11:32  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta recibe aos cooperantes que se incorporarán aos seus próximos destinos en América do sur e África

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE recibiu aos novos bolseiros de cooperación internacional antes da súa inminente incorporación aos seus proxectos

Os países que contaran con presenza galega son Nicaragua, Guatemala, Perú, República Dominicana, Mozambique, Bolivia e Ecuador

 

escoitar

02/10/14 | 11:29  | C. de Traballo e Benestar

Galicia pecha o mes de setembro cun total de 238.203 persoas desempregadas

A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz López, valorou hoxe a evolución dos datos do paro, que rexistra a súa décimo primeira baixada interanual consecutiva, e a maior de todas elas cun 8,64% menos

A responsable autonómica explicou que esta cifra demostra “a mellora progresiva” do desemprego na nosa comunidade autónoma

A evolución interanual de Galicia é a mellor dun mes de setembro de toda a serie histórica desde 1996 e é “sensiblemente” mellor á da media estatal

escoitar
Nava Castro participa no IX Encontro internacional sobre auga e termalismo que se celebra en Arxentina dentro da programación de Termatalia

02/10/14 | 11:05  | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro participa no IX Encontro internacional sobre auga e termalismo que se celebra en Arxentina dentro da programación de Termatalia

A cidade arxentina de Termas de Río Hondo acollerá, desde o xoves 2 de outubro ata o sábado 4, a décimo cuarta edición de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo de Saúde e Benestar

A directora de Turismo de Galicia destacou durante o encontro que o turismo termal é un dos baluartes da comunidade galega que converte a experiencia turística nun novo modo de descubrir os atributos dun lugar único

No encontro participaron 80 expertos procedentes de 19 países

escoitar
Xunta e Concello de Santiago reforzan a súa colaboración no Centro de Información á Muller

02/10/14 | 10:57  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Xunta e Concello de Santiago reforzan a súa colaboración no Centro de Información á Muller

O CIM ofrece asistencia xurídica e atención psicolóxica ás mulleres santiaguesas que o precisen

Está integrado por unha avogada, unha psicóloga e profesionais dos servizos sociais

escoitar
O secretario xeral de Cultura participa na inauguración da exposición O Asorey descoñecido

01/10/14 | 20:50  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O secretario xeral de Cultura participa na inauguración da exposición O Asorey descoñecido

escoitar
Lete Lasa salienta a progresión do rugby galego e a importancia estratéxica das categorías feminina e de base

01/10/14 | 19:22  | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa salienta a progresión do rugby galego e a importancia estratéxica das categorías feminina e de base

Augura un bo futuro a esta modalidade que segue a incorporar novos practicantes e a mellorar e consolidarse no aspecto competitivo

Atribúe a evolución positiva ao “traballo serio e constante da Federación e dos clubs con todas as categorías, desde os primeiros equipos que cada ano se miden nas competicións estatais ata as categorías inferiores e o deporte escolar”

Subliña que nesta tempada os xogadores máis novos pasarán a beneficiarse do seguro deportivo escolar gratuíto para deportistas entre 6 e 16 anos, que financia o seu departamento, unha medida que beneficiará a 205 rapaces e rapazas

escoitar
Raquel Arias anima a captar turismo no mercado exterior e subliña que “nos últimos cinco anos duplicouse a cifra de viaxeiros  estranxeiros na provincia”

01/10/14 | 19:12  | Axencia de Turismo de Galicia

Raquel Arias anima a captar turismo no mercado exterior e subliña que “nos últimos cinco anos duplicouse a cifra de viaxeiros estranxeiros na provincia”

A delegada territorial realizou estas declaracións no marco da presentación da iniciativa ‘Regala Ribeira Sacra’, que pon en marcha o Consorcio de Turismo coa colaboración da Xunta, a través de Turismo de Galicia

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear