Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.628 novas:

30/09/14 | 20:39  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas salienta o compromiso inversor con Galicia que reflicten os Presupostos Xerais do Estado por cuarto ano consecutivo

O Goberno central consigna un investimento de 790 millóns de euros en materia ferroviaria na Comunidade, o que permitirá rematar o Eixe Atlántico de Alta Velocidade e avanzar ao ritmo necesario na conexión coa Meseta

O investimento de Fomento en materia de estradas en Galicia aumentará en 2015 un 5,1% con respecto a 2014, sendo a nosa a terceira autonomía con maior gasto

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente incrementa o seu compromiso con Galicia en materia de augas ata os 172,7 millóns de euros o que supón unha suba do 9% respecto a 2014

escoitar

30/09/14 | 20:30  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación dá un novo impulso á creación literaria en galego a través do seu apoio ao Certame de Relato Breve ‘Nélida Piñón’

A Xunta de Galicia, o Concello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra organizan de forma conxunta este premio, co que se lle rende homenaxe a unha das figuras de máis relevancia no actual panorama internacional das letras

escoitar

30/09/14 | 19:41  | C. de Traballo e Benestar

Mato defende a necesidade de vincular a formación ás necesidades do mercado laboral e aos xacementos de emprego

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe nunha mesa redonda sobre políticas para o emprego organizadas polo IE Business School

O Goberno galego está a dar un pulo á certificación profesional, o que permitiu acreditar a preto de 38.000 traballadores desde 2009

Esta certificación estase a desenvolver a través de dúas vías: os cursos de formación homologados e acreditados; e o recoñecemento da experiencia profesional
 

escoitar

30/09/14 | 19:36  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Encarnación Rivas destaca a vontade da Xunta de axilizar a tramitación e aprobación dos plans xerais de ordenación municipal

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sinala que acadar esta aprobación é posible se o camiño na procura dun urbanismo responsable e compartido se fai xuntos

Considera que a nova Lei do solo fará do urbanismo municipal unha peza básica na construción dun territorio do que os galegos se sintan orgullosos

Encarnación Rivas participou esta tarde no curso complementario do Medio Ambiente e Urbanismo, que imparte a Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela
 

escoitar
A Xunta, o concello da Pobra do Caramiñal e a dirección do IES do municipio acordan a execución de diversas obras de mellora no centro educativo

30/09/14 | 19:19  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Xunta, o concello da Pobra do Caramiñal e a dirección do IES do municipio acordan a execución de diversas obras de mellora no centro educativo

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e o alcalde, Isaac Maceiras, mantiveron hoxe unha reunión co director do instituto para fixar as prioridades de actuación

Suprimiranse as barreiras arquitectónicas, pintaranse as instalacións e acometerase a conexión do edificio á rede de saneamento, entre outros proxectos

escoitar
Xesús Vázquez Abad reuniuse hoxe con representantes do sector audiovisual

30/09/14 | 19:15  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Xesús Vázquez Abad reuniuse hoxe con representantes do sector audiovisual

escoitar
Os clientes do CCA de Melide escollen a Leiva Motosport como o seu establecemento favorito na campaña da Xunta Máis que comercio!

30/09/14 | 17:27  | C. de Economía e Industria

Os clientes do CCA de Melide escollen a Leiva Motosport como o seu establecemento favorito na campaña da Xunta Máis que comercio!

Este negocio familiar cuxa traxectoria se remonta aos anos 30 foi o que máis clics recibiu no xogo en liña www.maisquecomercio.com, no que os clientes podían optar a diferentes premios votando ao seu comercio preferido

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria desenvolveuse durante todo agosto nos negocios asociados ao centro comercial aberto co obxectivo de impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade

escoitar
Rosa Quintana destaca o apoio da Xunta ás iniciativas que poñen en valor os nosos produtos do mar, en especial para a exportación

30/09/14 | 14:49  | C. do Medio Rural e do Mar

Rosa Quintana destaca o apoio da Xunta ás iniciativas que poñen en valor os nosos produtos do mar, en especial para a exportación

A conselleira puxo como exemplo do apoio institucional á comercialización dos produtos do mar os 47 millóns de euros destinados a esta finalidade en 2014

Rosa Quintana asistiu tamén en Burela á presentación do proxecto de reconstrución do faro desta localidade da Mariña luguesa
 

escoitar
Cores Tourís participou na posta en marcha do obradoiro de emprego “Conca do río Verdugo-Oitavén” da Lama dedicado a formar a desempregados en atención sociosanitaria e forestal

30/09/14 | 14:43  | C. de Traballo e Benestar

Cores Tourís participou na posta en marcha do obradoiro de emprego “Conca do río Verdugo-Oitavén” da Lama dedicado a formar a desempregados en atención sociosanitaria e forestal

A Consellería de Traballo e Benestar está a investir nesta iniciativa 177.700 euros

O programa dará formación durante seis meses a 20 alumnos
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear