Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.410 novas:
Turismo de Galicia e a Secretaría de Turismo de Paraguai asinaron en Fitur un acordo para a cooperación conxunta no eido turístico

31/01/15 | 12:30  | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia e a Secretaría de Turismo de Paraguai asinaron en Fitur un acordo para a cooperación conxunta no eido turístico

A directora de Turismo de Galicia e a Ministra de Turismo de Paraguai asinaron, en presenza do Secretario Xeral da OMT, o convenio de colaboración para poñer en marcha iniciativas conxuntas de promoción turística

O dito convenio fomentará o intercambio de experiencias, en especial do Camiño de Santiago e da Ruta Xesuítica e das Escolas de Formación Hoteleira Turística, así como de calquera outra información de interese mutuo

Así mesmo, promoverá programas de capacitación e formación de estudantes de ambas rexións no sector do turismo e alentará o fluxo turístico, mediante a difusión dos eventos culturais que teñan lugar en Paraguai e en Galicia

escoitar
A Consellería de Cultura e Educación convoca unha nova edición do concurso de curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!'

31/01/15 | 12:20  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación convoca unha nova edición do concurso de curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!'

O certame forma parte do programa de dinamización lingüística do mesmo nome que promove a Xunta en colaboración coa Compañía de Radio Televisión de Galicia e con OQOeditora

O profesorado que interveña na elaboración das fitas gañadoras recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente

escoitar

31/01/15 | 12:15  | C. do Medio Rural e do Mar

A Fundación CETMAR reuniuse en Bruxelas cos principais responsables da xestión pesqueira europea

O encontro estivo organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar e forma parte das actividades do grupo de traballo que a institución galega lidera dentro do proxecto europeo MAREFRAME, financiada polo VII Programa Marco

escoitar
A Xunta investirá máis de 141.000 euros na mellora dos camiños rurais do Concello de Mañón entre 2013 e 2015

31/01/15 | 12:15  | C. do Medio Rural e do Mar

A Xunta investirá máis de 141.000 euros na mellora dos camiños rurais do Concello de Mañón entre 2013 e 2015

As actuacións enmárcase no Plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal que desenvolve a Consellería do Medio Rural e do Mar e que este ano conta colaboración da Deputación provincial

O obxectivo fundamental destas intervencións é arranxar deficiencias e dignificar e mellorar a calidade de vida dos habitantes do medio rural

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Mañón, Alfonso Balseiro, destacaron que estes proxectos contribúen a fixar poboación no ámbito rural
 

escoitar

31/01/15 | 12:12  | C. do Medio Rural e do Mar

Medio Rural e Mar destinou en 2014 case 3,5 millóns de euros en axudas para o fomento do sector vitivinícola galego

O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a relación de beneficiarios destas subvencións, 113 en total

Estas axudas dirixíronse tanto a investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas como para a execución de medidas de promoción do sector en mercados de terceiros país
 

escoitar
As obras da senda peonil entre a parroquia de Priegue e Nigrán, na estrada Vigo-Tui, están ao 20% da súa execución

31/01/15 | 12:09  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

As obras da senda peonil entre a parroquia de Priegue e Nigrán, na estrada Vigo-Tui, están ao 20% da súa execución

A conselleira de Medio Ambiente supervisou recentemente o desenvolvemento dos traballos que executa a Axencia Galega de Infraestruturas, que inviste máis de 140.000 euros

O obxectivo da actuación é a creación dun itinerario de 710 metros de lonxitude pola marxe dereita da estrada PO-552, mellorando a seguridade viaria dos viandantes

Os veciños de Nigrán poderán achegarse desde esta localidade ata a travesía das Rexas utilizando a senda executada ao longo da estrada autonómica
 

escoitar

31/01/15 | 12:03  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

As mulleres representan o 38,6% do total de traballadores do hipersector TIC galego

O Sector Contidos rexistra a menor fenda de xénero, cunha porcentaxe de traballadoras do 41,4%

O emprendemento feminino no Hipersector TIC sitúase no 30%

O 33,4% dos traballadores do sector tecnolóxico son homes con formación TIC de grao medio ou superior fronte ao 11,7% de mulleres coa mesma titulación

Só o 16,4% das mulleres que traballan no sector TIC de Galicia desenvolve funcións TIC
 

escoitar

31/01/15 | 11:45  | C. de Traballo e Benestar

Xuventude desenvolverá o programa ‘Visualizando’ para a posta en común dun espazo de reflexión sobre ‘Iniciativa Xove’

O proxecto foi seleccionado pola Rede Española de Albergues Xuvenis (REAJ) dentro da convocatoria do programa MOVIC 2015

A iniciativa reunirá no albergue xuvenil de Gandarío a 30 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, participantes no programa e seleccionados en función da calidade dos proxectos realizados

O programa autonómico ‘Iniciativa Xove’ supuxo a aposta por un novo modelo de participación xuvenil cara programas que melloren ou faciliten a empregabilidade e o emprendemento

escoitar
A Cidade da Cultura estrea en España as últimas obras de La Ribot, Marcelo Evelin e Pablo Larraín no marco do festival ‘Escenas do cambio’, que arranca este mércores

31/01/15 | 11:41  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Cidade da Cultura estrea en España as últimas obras de La Ribot, Marcelo Evelin e Pablo Larraín no marco do festival ‘Escenas do cambio’, que arranca este mércores

Comeza o 4 de febreiro, cun Museo Centro Gaiás convertido nunha gran praia na que Cláudia Dias reflexiona sobre identidade e territorio, e coa estrea de ‘Atlas’ de Ana Borralho e Joao Galante

Promovido por Cultura e Educación, o festival conta coa implicación do público, a experimentación e novidosas linguaxes como señas de identidade

Baixo a dirección artística de Pablo Fidalgo, e ata o 21 de febreiro haberá unha vintena de espectáculos e conferencias, xunto con varios grupos de reflexión para profesionais do sector

escoitar
A Consellería de Cultura e Educación investirá preto de 300.000 euros en dúas novas actuacións para a conservación do patrimonio da catedral de Ourense

31/01/15 | 11:29  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación investirá preto de 300.000 euros en dúas novas actuacións para a conservación do patrimonio da catedral de Ourense

A reforma do sistema eléctrico a restauración das reixas da Capela Maior e da decoración románica da cabeceira elevarán a máis de 1,8 millóns de euros o destinado desde 2009 pola Xunta a este templo de San Martiño

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear