Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.742 novas:

21/10/14 | 14:55  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación posibilita a descarga telemática dos certificados de acreditación de competencias obtidos a través da experiencia laboral

A persoa acreditada poderá imprimir cantas veces o necesite o certificado desde a súa propia casa e de xeito gratuíto

A Consellería vén de acreditar a 1.388 persoas en 4.643 unidades de competencia
 

escoitar
Do Campo traballa cos veciños de Santiso na busca de alternativas para minimizar o impacto da instalación dunha liña eléctrica de media tensión no municipio

21/10/14 | 14:49  | C. de Economía e Industria

Do Campo traballa cos veciños de Santiso na busca de alternativas para minimizar o impacto da instalación dunha liña eléctrica de media tensión no municipio

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, trasladoulles esta mañá a proposta do seu departamento, que pasaría polo soterramento da instalación e a modificación do trazado inicial para evitar expropiacións

escoitar

21/10/14 | 14:46  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta inicia a execución dos aparcadoiros disuasorios de Moaña co fin de impulsar o transporte público e as viaxes compartidas nas contornas metropolitanas

Estas áreas ofrecerán 104 prazas de aparcadoiro, 32 en Domaio e 72 en Broullón

O Goberno galego achega máis de 435.000 euros para estas actuacións, recibindo a instalación de Domaio máis de 151.000 euros e a de Broullón, case 285.000

As dúas superficies suporán un importante beneficio para o concello de Moaña, mellorando a calidade de vida duns 30.000 habitantes, que poderán acceder a estes espazos de xeito gratuíto

Helena de Lucas salienta que a implantación do transporte metropolitano suporá que o traxecto de ida e volta dende Vigo a Moaña, en transporte urbano máis barco, pase de custar 4,3 euros a 2,56 euros

Os Orzamentos da Xunta para 2015 reservan para a comarca morracense 2,14 millóns de euros, que se incrementarán nos seguintes exercicios, para licitar e iniciar as obras do desdobramento do corredor do Morrazo

escoitar
Portos de Galicia organiza o encontro anual de administracións portuarias das autonomías españolas

21/10/14 | 14:11  | C. do Medio Rural e do Mar

Portos de Galicia organiza o encontro anual de administracións portuarias das autonomías españolas

O evento reunirá aos directivos responsables da xestión dos peiraos autonómicos das 10 comunidades costeiras

Entre os principais temas de debate destacan as lexislacións autonómicas en tramitación, a revisión tarifaria e a aplicación de novas tecnoloxías á xestión portuaria
 

escoitar
A Xunta inicia unha campaña de información sobre o Plan de emerxencia exterior de Foresa Caldas

21/10/14 | 14:03  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta inicia unha campaña de información sobre o Plan de emerxencia exterior de Foresa Caldas

O plan ten como obxectivo determinar os posibles riscos e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de accidente

O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, subliñou a importancia da prevención e da coordinación para atallar posibles incidentes

Antes de fin de ano realizarase un simulacro de activación do PEE no que se accionará a sirena de aviso á poboación
 

escoitar

21/10/14 | 13:44  | C. de Sanidade

Sanidade habilita 360 puntos de vacinación fronte á gripe na provincia da Coruña na campaña que se desenvolverá ata o 20 de decembro

Durante as vindeiras nove semanas poderán vacinarse todas as persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes aos grupos de risco

A Consellería prevé superar nesta campaña o número de vacinacións do pasado exercicio, que superou as 198.000 doses
 

escoitar

21/10/14 | 13:30  | Secretaría Xeral para o Deporte

Póñense de novo en marcha as obras do pavillón polideportivo do Grove

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, visita a nova instalación deportiva situada no Monte da Vila

As obras rematarán en catro meses
 

escoitar
Sanidade desenvolve a campaña de vacinación fronte á gripe e o pneumococo, para o que os lucenses contan con 161 puntos de vacinación

21/10/14 | 13:12  | C. de Sanidade

Sanidade desenvolve a campaña de vacinación fronte á gripe e o pneumococo, para o que os lucenses contan con 161 puntos de vacinación

A campaña de vacinación antigripal 2014 levarase a cabo ata o 20 de decembro, estendéndose por un prazo de máis de oito semanas

O ano pasado preto de 64.000 lucenses vacináronse fronte á gripe, e Sanidade prevé superar nesta campaña a taxa de vacinación do pasado exercicio

 

escoitar
A Xunta inicia este xoves coa FEGAMP a rolda de contactos sobre o anteproxecto da nova Lei do solo

21/10/14 | 13:01  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta inicia este xoves coa FEGAMP a rolda de contactos sobre o anteproxecto da nova Lei do solo

Alfonso Rueda remarca a vontade do Executivo galego de acadar unha norma consensuada, polo que se escoitará a todos os axentes implicados, empezando polas administracións máis próximas aos cidadáns, os concellos

Afirma que o texto dá autonomía aos concellos, polo que se propón que os Plans Xerais das grandes cidades non sexan aprobados definitivamente pola Xunta, senón polo pleno municipal

Salienta que a Administración autonómica tamén colaborará cos municipios máis pequenos, dotándoos de Plans Básicos, uns planeamentos urbanísticos máis sinxelos para os concellos que non poidan ter un PXOM

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sinala que “a recuperación da paisaxe galega é a gran asignatura pendente do territorio e o anteproxecto da Lei do Solo é a ferramenta necesaria para que todos os entes implicados poidan superar esta situación”

O director do Instituto de Estudos do Territorio, Manuel Borobio, presenta a ‘Guía de boas prácticas na intervención nas praias e dunas’

escoitar

21/10/14 | 12:13  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Xestur Galicia vende tres parcelas na Cidade do Transporte de San Cibrao das Viñas

Ocupan unha superficie total de 4.500,20 metros cadrados

Quedan pendentes de venda catro parcelas, cunha superficie total de 31.860 metros cadrados
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear