Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.544 novas:
Economía e Industria achega aos comerciantes de Ferrolterra apoios para innovar nos seus negocios

02/03/15 | 14:26  | C. de Economía e Industria

Economía e Industria achega aos comerciantes de Ferrolterra apoios para innovar nos seus negocios

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, presentou a nova convocatoria de axudas dotada con 2,5 millóns, con apoios para combinar o comercio on line e o off line ou para utilizar as redes sociais para a venda

Con esta convocatoria, que permanecerá aberta ata o vindeiro 11 de marzo, tamén se promove a implantación de novas ferramentas de xestión e melloras na presentación dos produtos

Inclúense como novidade axudas para actuacións de mellora da imaxe exterior e o acondicionamento dos establecementos comerciais

O creador ferrolán de gaitas Antón Varela, a zoqueira Elena Ferro e o xoieiro Óscar Rodríguez explicaron as súas experiencias apostando pola mellora continua dos seus negocios e o emprego de internet para impulsar as vendas

A Consellería leva activados xa nos primeiros dous meses do ano programas de apoio ao sector comercial por 7,6 millóns de euros

Ata o 31 de agosto poden solicitarse as axudas para a transmisión xeracional, co obxectivo de impulsar o emprendemento e a continuidade do saber facer do sector
 

escoitar

02/03/15 | 14:25  | C. de Traballo e Benestar

Traballo clausura o obradoiro de emprego de Ames e Brión no que se formaron 22 alumnos en conservación e mellora de montes

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, entregou hoxe en Ames os certificados de profesionalidade aos participantes nesta iniciativa mixta de formación e emprego

A Consellería de Traballo e Benestar destinou a esta actuación preto de 200.000 euros

O departamento investiu en Ames en 2014 máis de 535.000 euros en materia de emprego

escoitar

02/03/15 | 14:20  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación dunha nova senda peonil de 1,6 quilómetros, que vai desde A Trabe a Anllóns, no concello de Ponteceso, por preto de 260.000 euros

Defendeu a aposta da Xunta pola mobilidade sustentable e nese sentido se están a planificar a implantación de sendas peonís ou vías ciclistas na rede de estradas autonómicas de sete comarcas galegas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comprobou unha actuación de conservación fluvial no río Anllóns, nun tramo de 11 quilómetros para o que se destinaron preto de 29.000 euros

A Xunta aprobou recentemente o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, polo que se reduce de 6 meses a 15 días a tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles

escoitar

02/03/15 | 14:19  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O CDTIC da Amtega acolle este xoves unha demostración sobre métodos de transferencia de ficheiros por internet

A actividade está organizada pola empresa V-Mann e está dirixida a empresas de loxística e transporte, do sector TIC, call centers e cadeas de tendas

A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/
 

escoitar
Traballo destinou preto de 180.000 euros para a formación de 20 persoas nun obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Fisterra, Cee e Corcubión

02/03/15 | 14:09  | C. de Traballo e Benestar

Traballo destinou preto de 180.000 euros para a formación de 20 persoas nun obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Fisterra, Cee e Corcubión

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, clausurou hoxe esta actividade xunto cos alcaldes dos tres municipios

Os alumnos, que recibiron un certificado de profesionalidade de validez nacional, especializáronse en xardinería e restauración da paisaxe, así como en confección de páxinas web

Do Campo recordou que nos últimos seis meses a provincia da Coruña recibiu 2,8 millóns de euros para a financiación de 15 obradoiros, nos que participaron 32 concellos e 315 alumnos

escoitar

02/03/15 | 13:59  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Agadic publica a convocatoria de axudas ao desenvolvemento de novos proxectos audiovisuais por un importe de 185.000 euros

O departamento da Consellería de Cultura e Educación incrementa en 10.000 euros a dotación destas axudas respecto ao ano pasado, ademais de retomar o apoio aos documentais dentro da modalidade de longametraxes

O seu obxectivo é contribuír ao financiamento da fase de preprodución de longas cinematográficas e de produtos televisivos, de xeito que se garanta a viabilidade de todo o proceso posterior e a súa chegada ás pantallas

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de abril

escoitar

02/03/15 | 13:58  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Román Rodríguez salienta un investimento de máis de 6 millóns de euros en melloras nos centros de ensino lalinenses no último lustro e anuncia novas actuacións no CEIP Xesús Golmar

O conselleiro percorreu hoxe os colexios e institutos do concello para coñecer as demandas da comunidade escolar

escoitar
Ethel Vázquez destaca que as obras de mellora da ponte do Burgo reforzan a seguridade viaria e melloran a mobilidade dos 20.000 vehículos que a cruzan a diario

02/03/15 | 13:44  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que as obras de mellora da ponte do Burgo reforzan a seguridade viaria e melloran a mobilidade dos 20.000 vehículos que a cruzan a diario

Sinala que os obxectivos desta actuación eran incrementar a seguridade viaria, reordenar e aumentar a fluidez dos tráficos e reducir as retencións que se rexistraban neste punto

Recorda que as obras consistiron na ampliación da ponte polo lado do mar, na reordenación do itinerario peonil, e na execución dunha rotonda na intersección na que conflúen as estradas de San Pedro-A Pasaxe (AC-211) e O Temple-Cambre

Engade que esta actuación pon de manifesto a aposta da Xunta por fomentar a mobilidade e mellora da calidade de vida dos cidadáns que empregan a ponte do Burgo nos seus desprazamentos diarios

escoitar

02/03/15 | 13:09  | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia convoca bolsas de formación para fomentar o perfeccionamento profesional

A convocatoria responde ao esforzo continuado de Xunta de Galicia pola formación dos recursos humanos, neste caso para adaptar as novas demandas ás actuacións dos titulados que inician ou desenvolven a súa actividade no sector

Sete das bolsas de formación están destinadas á promoción e información turística, mediante a realización de prácticas nas oficinas de información turística

Turismo de Galicia promove tamén dúas bolsas de formación na área de Estudos de Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística

escoitar
Rogelio Martínez participa na presentación da nova edición de “Xantar”, a única feira internacional de España especializada en turismo gastronómico

02/03/15 | 13:04  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Rogelio Martínez participa na presentación da nova edición de “Xantar”, a única feira internacional de España especializada en turismo gastronómico

O delegado territorial da Xunta en Ourense subliñou o respaldo de distintos departamentos autonómicos a este salón que pon en valor os produtos da nosa terra e os profesionais da cociña galega

Martínez a nosa gastronomía e asegurou que "Xantar, ao longo dos seus dezaseis anos de traxectoria, contribuíu, sen dúbida, ao posicionamento de Galicia como destino gastronómico de calidade”.

Costa Rica é o país convidado da edición deste ano que se celebrará en Expourense do 4 ao 8 de marzo

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear