Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.392 novas:
A Xunta adianta a redución das listas de espera no primeiro trimestre deste ano, cunha espera media de 17,5 días para os pacientes moi graves e de 49,5 nos casos graves

24/04/14 | 15:02  | A Presidencia da Xunta

A Xunta adianta a redución das listas de espera no primeiro trimestre deste ano, cunha espera media de 17,5 días para os pacientes moi graves e de 49,5 nos casos graves

Subliña que as actividades cirúrxicas no primeiro trimestre de 2013 superaron as 38.000 operacións nos quirófanos do Sergas, “o dato máis alto desde que hai rexistros nun trimestre”

Sobre as esperas para primeira consulta, salienta que a media é de 40,4 días, dez menos que hai un ano e 24 días menos que en 2009

Destaca a sinatura dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e a entidade pública Red.es, cunha achega adicional de 6,6 millóns para seguir incorporando as TIC á Sanidade pública durante os anos 2014 e 2015

Lembra que a aposta polas novas tecnoloxías está a permitir dar máis servizos aos profesionais e máis facilidades aos usuarios
 

escoitar
Feijóo destaca a mellor evolución do turismo durante a Semana Santa e apunta a este sector como piar da recuperación

24/04/14 | 14:58  | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Feijóo destaca a mellor evolución do turismo durante a Semana Santa e apunta a este sector como piar da recuperación

Apunta que o nivel medio de ocupación acadou o 55,7% para o conxunto dos hoteis de Galicia, superando as previsións en 3,4 puntos porcentuais e situándose nove puntos por riba dos datos acadados na Semana Santa de 2013, cando a ocupación media foi do 46,4%

Asegura que a comunidade rexistrou unha suba máis ampla que no resto de España, posto que en Galicia o turismo subiu un 9% mentres que no conxunto do país o incremento foi do 7%

Precisa que as ocupacións acadadas foron máis elevadas nos establecementos de maior categoría: nos hoteis de catro e cinco estrelas a ocupación media situouse no 69%; e, no resto das categorías, as ocupacións medias oscilaron entre o 48% dos establecementos dunha estrela e o 53% nos establecementos de tres estrelas
 

escoitar
Feijóo subliña o compromiso da Xunta cos mozos, como proba o feito de que en só dous meses se teñan posto en marcha case o 90% das medidas incluídas no Plan de emprego xuvenil

24/04/14 | 14:50  | A Presidencia da Xunta; C. de Traballo e Benestar

Feijóo subliña o compromiso da Xunta cos mozos, como proba o feito de que en só dous meses se teñan posto en marcha case o 90% das medidas incluídas no Plan de emprego xuvenil

A primeira orde de axudas, que contará con 2,3 millóns de euros e beneficiará unhas 1.125 persoas, ten como obxectivo ofrecer accións formativas aos desempregados menores de 30 anos cunha baixa cualificación

Os beneficiarios poderán, ademais, optar a axudas pola súa participación no curso, en materia de transporte, conciliación ou para mulleres vítimas de violencia de xénero

A segunda das ordes, dotada con case 2 millóns de euros e que prevé chegar a 500 persoas, recolle prácticas non laborais a mozos con cualificación, para facilitar o seu acceso posterior ao mercado laboral

Feijóo subliña que con estas dúas ordes se dá un novo impulso ao Plan de emprego xuvenil e destaca que das 19 medidas comprometidas nel, están todas en marcha salvo tres, que espera poder iniciar “nos dous meses seguintes”

escoitar
A directora de Turismo destaca a capacidade da cociña tradicional para xerar atractivos singulares nos destinos turísticos no acto de entrega do XII Premio ‘Lola Torres’ ao restaurante Can Roca

24/04/14 | 14:36  | Axencia de Turismo de Galicia

A directora de Turismo destaca a capacidade da cociña tradicional para xerar atractivos singulares nos destinos turísticos no acto de entrega do XII Premio ‘Lola Torres’ ao restaurante Can Roca

Nava Castro recalcou a entrega e a dedicación da galardoada, Montserrat Fontanet e a súa contribución para ser o xerme do que hoxe se considera o mellor restaurante do mundo: el Celler de Can Roca

A directora de Turismo incidiu na capacidade da gastronomía como elemento de fidelización dos viaxeiros aos destinos e na importancia da cociña tradicional para preservar a identidade e a singularidade destes

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolle mañá a III edición da Velada Solidaria para recadar fondos para Cruz Vermella

escoitar
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe

24/04/14 | 14:25  | A Presidencia da Xunta

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe

escoitar
Rogelio Martínez participa na inauguración da exposición que acolle o Concello de Lobios para promocionar o Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro

24/04/14 | 14:24  | Axencia de Turismo de Galicia

Rogelio Martínez participa na inauguración da exposición que acolle o Concello de Lobios para promocionar o Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro

“Queremos SaudArte desde o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro” é unha mostra colectiva itinerante que pretende fomentar a investigación arredor desta ruta

O delegado territorial da Xunta en Ourense explicou a preeminencia por imperativo legal da delimitación e o deslinde das rutas históricas recoñecidas documentalmente

Unha vez conclúan estes traballos poderán iniciarse os estudos históricos doutras rutas, “este pode ser o caso do camiño Miñoto Ribeiro”, afirmou Martínez
 

escoitar

24/04/14 | 14:09  | C. do Medio Rural e do Mar

O porco celta converteuse nun referente gastronómico con viabilidade económica na nosa Comunidade

A conselleira do Medio Rural e do Mar asistiu á presentación da I Xornada informativa do Cochinillo Celta da Cañiza

escoitar
A Consellería de Cultura e Educación e MMF-Spain congregan máis de 60 managers e artistas no seminario ‘O negocio musical actual. Listos para exportar’

24/04/14 | 13:45  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación e MMF-Spain congregan máis de 60 managers e artistas no seminario ‘O negocio musical actual. Listos para exportar’

O encontro, que duplicou o número de prazas ofertas en resposta á gran demanda, deu comezo esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia coas intervencións de Jacobo Sutil, Patricia Hermida e Natalia Talayero

Keith Harris, manager de Stevie Wonder e director xeral da Motown nos setenta, é un dos relatores internacionais que intervirá nas sesións da próxima semana xunto con Stuart Worthington e Christian Ulf-Hansen
 

escoitar

24/04/14 | 13:17  | C. de Economía e Industria

Os participantes no programa Máis que comercio! en Ribadeo elixen a tenda ‘Siete pecados clothes & accesories’ como o seu establecemento favorito

A delegada territorial, Raquel Arias, entregou hoxe o diploma aos responsables do establecemento gañador desta campaña, que se desenvolveu durante o mes de marzo nos comercios asociados ao Centro Comercial Aberto (CCA) co obxectivo de impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade

Preto de 8.000 participacións no xogo en liña de www.maisquecomercio.com amosan a elevada aceptación desta campaña na localidade da comarca da Mariña
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear