Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.718 novas:
Elías Portela gaña o XII Premio de Poesía Afundación, que convoca o Centro PEN Galicia co apoio de Cultura e Educación

25/11/14 | 19:51  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Elías Portela gaña o XII Premio de Poesía Afundación, que convoca o Centro PEN Galicia co apoio de Cultura e Educación

‘Bazar de traidores’ é a obra gañadora da duodécima edición do certame, na que competiron un total de 37 orixinais

escoitar
A superficie afectada polos lumes na época de alto risco de 2014 foi a menor dos últimos 25 anos

25/11/14 | 17:57  | C. do Medio Rural e do Mar

A superficie afectada polos lumes na época de alto risco de 2014 foi a menor dos últimos 25 anos

A superficie calcinada nesta época reduciuse nun 98% respecto á media deste período e a cifra de lumes tamén é a máis baixa, descendendo nun 85%

Neste período, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro, producíronse 624 lumes que afectaron a 431,7 hectáreas, das cales 113,3 foron arboradas, representando un 26% das totais que arderon

Segundo sinalou a conselleira, estas cifras reflicten que “os medios dispostos polo PLADIGA nesta época actuaron rápido e eficazmente”, facendo que a media de superficie queimada por lume se quedase por debaixo dunha hectárea

En canto ao balance do que levamos de ano, as cifras de número de lumes e hectáreas queimadas reflicten o mellor resultado dos últimos 25 anos, con 1.238 lumes que afectaron a 2.003 hectáreas

En relación ás accións de futuro para o estímulo produtivo do monte a conselleira destacou entre elas que a Xunta está establecendo as liñas básicas de elaboración do novo Plan Forestal de Galicia no seo do Consello Forestal

escoitar
A Xunta incide na importancia que ten a educación para erradicar calquera forma de violencia

25/11/14 | 17:53  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta incide na importancia que ten a educación para erradicar calquera forma de violencia

Susana López Abella asistiu esta tarde á inauguración da “Xornadas de información sobre agresións sexuais”

A titular de Igualdade incidiu en que o respecto, a liberdade e a igualdade son tres piares básicos na formación dunha persoa

escoitar
Conde aposta polas infraestruturas e o coñecemento como claves para facer de Galicia un referente europeo no emprego de GNL como combustible en navegación

25/11/14 | 16:01  | C. de Economía e Industria

Conde aposta polas infraestruturas e o coñecemento como claves para facer de Galicia un referente europeo no emprego de GNL como combustible en navegación

Subliña as capacidades coas que conta a Comunidade neste eido grazas á experiencia de Reganosa, á actividade dos estaleiros en reparación e construción de gaseiros, e a competitividade da industria auxiliar naval

Resalta a oportunidade que ofrece o novo HUB de GNL de Reganosa en Ferrol para facer de Galicia “o centro de distribución enerxética do noroeste peninsular”, subministrando aos buques impulsados por gas e ofrecendo novas vías de traballo aos estaleiros

Salienta a importancia da unidade mixta na que participa Gas Natural Fenosa encamiñada a crear novos sistemas que permitan utilizar o gas natural e o biometano como combustible no ámbito da mobilidade marítima e agraria
 

escoitar
O presidente da Xunta asiste ao Pleno do Parlamento galego

25/11/14 | 15:56  | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta asiste ao Pleno do Parlamento galego

escoitar
Ethel Vázquez sinala que “para un bo sistema de reciclaxe é fundamental unha axeitada separación en orixe”

25/11/14 | 15:45  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala que “para un bo sistema de reciclaxe é fundamental unha axeitada separación en orixe”

A iniciativa ‘Separemos ben, reciclaremos mellor’ está enmarcada na Semana Europea da Prevención de Residuos, que se está a celebrar en 28 países da Unión Europea

Estas actividades comezaron este sábado e ao longo deste mes percorrerán diferentes puntos de Galicia, centrándose en centros educativos

Ethel Vázquez indicou que esta campaña é unha das iniciativas con maior éxito das desenvolvidas por Sogama, xa que coas accións previstas para este mes contabilízanse preto de 9.000 participantes na terceira edición deste programa

A conselleira de Medio Ambiente explicou que en Galicia os contedores de papel e cartón e de vidro son moi ben empregados, rexistrando porcentaxes elevados de residuos ben depositados neles (no contorno do 95%)

Sogama tamén vén experimentando melloras, producindo máis electricidade, un 5% máis que en 2011; procesando máis residuos, chegando ata as 555.000 tm; e mandando menos lixo a vertedoiro, que é o destino que debemos evitar
 

escoitar
Unha ducia de empresas galegas exploran en Londres novas oportunidades de negocio no eido dos equipamentos hostaleiros

25/11/14 | 15:08  | C. de Economía e Industria

Unha ducia de empresas galegas exploran en Londres novas oportunidades de negocio no eido dos equipamentos hostaleiros

O director do Igape, Javier Aguilera, participou nun encontro organizado por Economía e Industria para facilitar contactos bilaterais con prescritores e profesionais especializados no deseño e equipamento integral de espazos de uso colectivo

As empresas galegas mantiveron reunións con representantes ou colaboradores de cadeas como Hilton, Marriot ou Mandarin Oriental Hotel Group

As exportacións de Galicia a Reino Unido superaron o ano pasado os 900 millóns de euros, un 22% máis que no ano anterior

Este ano xa exportaron ao mercado británico preto de 500 empresas, máis que durante todo o ano pasado
 

escoitar

25/11/14 | 14:46  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta participa en Estremadura na Comisión Interterritorial de Cooperación para o desenvolvemento

A Comisión Interterritorial valorou moi positivamente a evolución da política de cooperación para o desenvolvemento levada a cabo pola Xunta de Galicia

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear