Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.800 novas:

23/07/14 | 10:41  | C. de Traballo e Benestar

A Xunta segue a apostar polas persoas con discapacidade incrementando nun 8% os programas de emprego para este colectivo

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago a xornada ‘O talento con discapacidade e a accesibilidade como vantaxes competitivas’ da Fundación ONCE e CEG (Foro Inserta Responsable)

Os programas de emprego da Xunta para a discapacidade contan este ano cun orzamento de 17,4 millóns de euros

O Goberno galego está a destinar 7,5 millóns de euros para subvencionar o salario dos traballadores en centros especiais de emprego co que se está a financiar o emprego de 2.000 traballadores e traballadoras nos 114 centros que hai en Galicia

Así mesmo, a Xunta inviste 1,1 millóns de euros para incentivar a contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria

escoitar
O conselleiro de Cultura e Educación sinala a nova exposición de Berta Alvarez Cáccamo na Casa da Parra como unha mostra “de que os nosos artistas plásticos forman unha vangarda con identidade propia”

22/07/14 | 20:30  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Cultura e Educación sinala a nova exposición de Berta Alvarez Cáccamo na Casa da Parra como unha mostra “de que os nosos artistas plásticos forman unha vangarda con identidade propia”

‘Verquidos’ conta con arredor de 60 pezas entre debuxos sobre papel e lenzos e será visitable ata o vindeiro 30 de setembro

escoitar

22/07/14 | 18:59  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta acometerá durante as vindeiras semanas diversos traballos de reparación nas vivendas de promoción pública de Novo Mesoiro

O Instituto Galego da Vivenda e Solo eliminará as humidades detectadas nos pisos altos dos números 15, 17, 19 e 21 da rúa Ribeira Sacra

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo hoxe unha reunión cos afectados e representantes veciñais para informarlles do inicio destas actuacións

escoitar
A Xunta é pioneira no dominio galego ‘puntoGAL’ tanto desde o punto de vista institucional como cultural

22/07/14 | 18:34  | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta é pioneira no dominio galego ‘puntoGAL’ tanto desde o punto de vista institucional como cultural

O Día de Galicia a Administración autonómica activará un novo espazo que conmemora esta xornada: a web 25dexullo.gal

A Consellería de Cultura e Educación tamén porá en marcha este mesmo venres as webs institucionais de Política Lingüística e de Cultura

A cultura, o turismo, a lingua e a tecnoloxía xunto con direccións institucionais completan a lista que a Xunta achega á fase Pioneiros do puntoGAL

escoitar
Medio Ambiente destina máis de 70.000 euros para os traballos da primeira fase de recuperación dun couto no río Xallas

22/07/14 | 14:53  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Medio Ambiente destina máis de 70.000 euros para os traballos da primeira fase de recuperación dun couto no río Xallas

A conselleira de Medio Ambiente e a presidenta do Club de Pesca Deportiva Salmo asinaron un convenio de colaboración para a recuperación ecolóxica e posta en valor dun tramo de río de grande interese para a pesca fluvial

Este investimento é froito da indemnización imposta polo baleirado do encoro de Fervenza, e busca a reparación do equilibrio ecolóxico perturbado
 

escoitar

22/07/14 | 14:46  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación financiará con 600.000 euros a produción de 26 espectáculos galegos a través das subvencións á actividade escénica

A convocatoria de 2014 da Agadic para a posta en escena de obras teatrais incrementou nun 17,65 por cento a súa dotación respecto do pasado ano 2013

A resolución feita pública hoxe especifica que recibirán axuda económica seis montaxes de compañías de recente creación, así como outras 13 de pequeno formato, cinco de mediano formato e dúas de gran formato

Todos os títulos subvencionados son propostas de compañías ou creadores galegos con data de estrea entre o 1 de abril de 2014 e o 31 de marzo de 2015

escoitar
A nova estratexia de inclusión basearase no estudo da pobreza infantil para deseñar medidas específicas para este colectivo

22/07/14 | 14:39  | C. de Traballo e Benestar

A nova estratexia de inclusión basearase no estudo da pobreza infantil para deseñar medidas específicas para este colectivo

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, presentou hoxe en rolda de prensa este estudo, que constitúe un “diagnóstico certeiro e en profundidade”

O documento consta de dúas partes: unha de carácter estatístico e empregando diversas fontes; e outra de corte cualitativo, a través de entrevistas a profesionais

O estudo determina que existen tres factores claves no risco de pobreza dos fogares con menores: o réxime da vivenda, a monoparentalidade, e a situación laboral

O risco de pobreza concéntrase nas áreas urbanas, mentres que o rural afronta unha conxuntura máis positiva de cara á cobertura das necesidades básicas esenciais

Segundo o documento, Galicia está mellor que a media española en risco de pobreza e en carencia material, e conta cunha menor desigualdade entre a poboación

Os expertos consultados e as cifras indican que a desnutrición infantil é un “fenómeno absolutamente minoritario en Galicia”

escoitar
A Xunta destina preto de 24.000 euros aos traballos de acondicionamento dun tramo do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo municipio de Cee

22/07/14 | 14:35  | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina preto de 24.000 euros aos traballos de acondicionamento dun tramo do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo municipio de Cee

A actuación pretende facer transitable a totalidade da Ruta, xa que na actualidade presenta puntos de difícil paso pola acción da auga e a maquinaria pesada

As obras estarán rematadas a principios do mes de agosto

A delegada territorial do Goberno galego na provincia, Belén do Campo, supervisou esta mañá as obras acompañada pola alcaldesa, Zaira Rodríguez

 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear