Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.556 novas:
A exposición ‘Outra mirada’ da Fundación Gonzalo Torrente Ballester afonda na paixón do escritor pola fotografía

03/03/15 | 20:30  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A exposición ‘Outra mirada’ da Fundación Gonzalo Torrente Ballester afonda na paixón do escritor pola fotografía

Un total de 60 imaxes conforman a mostra, comisariada por Lucía Alcaina e Begoña Álvarez, e realizada co apoio da Consellería de Cultura e Educación, do Concello de Santiago, da Deputación da Coruña e da USC

escoitar
Lete Lasa asina os convenios anuais de colaboración coas federacións

03/03/15 | 20:07  | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asina os convenios anuais de colaboración coas federacións

escoitar
A Xunta, o Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca desbloquean o proxecto da plataforma loxística de Salvaterra-As Neves coa reposición do réxime de condominio, que permitirá iniciar as obras este ano

03/03/15 | 19:53  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta, o Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca desbloquean o proxecto da plataforma loxística de Salvaterra-As Neves coa reposición do réxime de condominio, que permitirá iniciar as obras este ano

Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca asinan o convenio de volta ao réxime de condominio na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra –As Neves

A firma deste acordo permitirá comezar este ano as obras para a execución dos sistemas xerais, obras de movementos de terras, explanación, pavimentación, drenaxe de augas, captación e tratamento, así como a conexión eléctrica e outras, que suporán un investimento total de arredor de 36 millóns de euros

A conselleira Ethel Vázquez destacou que a colaboración entre as tres administracións implicadas está a permitir impulsar unha infraestrutura clave para o desenvolvemento futuro de Vigo e de toda Galicia, que está chamada a converterse no nodo loxístico intermodal de referencia no sur da comunidade

escoitar
A Xunta e o CCG abren novas vías de colaboración para a promoción exterior da cultura galega buscando vínculos coa lusofonía

03/03/15 | 19:52  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Xunta e o CCG abren novas vías de colaboración para a promoción exterior da cultura galega buscando vínculos coa lusofonía

O conselleiro de Cultura e Educación foi recibido polo presidente do Consello na súa primeira visita institucional a este organismo

O fomento do galego entre os escolares será outra das liñas prioritarias da colaboración entre ambas as entidades

escoitar

03/03/15 | 19:17  | C. do Medio Rural e do Mar

O Intecmar foi o primeiro centro de control oficial de España en ter acreditado o método químico de detección de biotoxinas

Covadonga Salgado subliñou que a sentenza que desestima o recurso de España contra a decisión da UE de utilizar o método químico no control das toxinas lipofílicas “non cambia en absoluto” a folla de ruta da Xunta, que cumpriu a lexislación dende o primeiro momento

A Xunta entende que a modificación de parámetros do método químico de detección de toxinas para o mexillón procesado avala a tese de que a substitución do método se fixo precipitadamente

En relación ao plan de xestión da sardiña, Juan Maneiro, sinalou que a Xunta segue traballando en colaboración co Ministerio, con Andalucía, Asturias, Cantabria e País Vasco, cos sectores afectados e co IEO para mellorar o punto de partida co que negociar con Portugal e coa Comisión Europea

escoitar

03/03/15 | 18:37  | C. de Traballo e Benestar

Benestar avoga por un “traballo conxunto” para afrontar o alzheimer desde a prevención e a atención de calidade

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, participou hoxe na Coruña no acto celebrado con motivo do XX Aniversario de Afaco

No eido da prevención, o obxectivo da Consellería de Traballo e Benestar é aumentar a esperanza de vida libre de dependencia e, para iso, cóntase cunha “importante ferramenta”: a ‘Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia 2013-2016 horizonte 2020’

No referente á atención de calidade, a Carteira de Servizos inclúe unha específica deseñada para o colectivo de persoas enfermas de Alzheimer que “amplía e diversifica servizos, engade especialización e supón un salto da calidade”

Galicia conta con 13 centros de Alzheimer na actualidade, cun total de 412 prazas públicas, o 43% delas creadas por este Goberno nos últimos cinco anos
 

escoitar

03/03/15 | 18:20  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O CGAI conmemora o Día Internacional da Muller cun ciclo arredor das olladas femininas no cinema

O programa, que abre a nova carteleira bimestral da Filmoteca de Galicia, arranca esta tarde coa proxección de ‘Dos días, una noche’ dos irmáns Dardenne


Dedícase un apartado ás creadoras galegas con ‘Muller(es)Muller’ de Inés Pintor, ‘O tesouro de Corcoesto’ de Cora Peña e a fita ‘Se dice poeta’, na que participan as autoras Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e María Couceiro


Un especial sobre cine e pintura con motivo da exposición ‘O primeiro Picasso’, a visita de James Bennig, a conmemoración do centenario de Orson Welles e as estreas das seccións Fóra de Serie e Circuíto son outras das citas destacadas ata finais de abril

escoitar
A Xunta reitera o seu compromiso coa seguridade viaria da PO-308 e traballará no encaixe técnico das prioridades transmitidas polos grupos municipais de Poio

03/03/15 | 17:12  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta reitera o seu compromiso coa seguridade viaria da PO-308 e traballará no encaixe técnico das prioridades transmitidas polos grupos municipais de Poio

Hoxe celebrouse unha reunión entre técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas e representantes dos grupos municipais do concello de Poio

A corporación municipal solicitou que se estudaran os treitos de Raxó e Samieira, e en función do resultado do estudo priorizarán a primeira actuación a executar

Os técnicos da Xunta facilitaron os planos da zona expropiada da PO-308 para que o concello poida ir traballando na dispoñibilidade dos terreos

Cúmprese así o plan de traballo acordado pola Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na reunión que tivo lugar o pasado 17 de xaneiro

escoitar
Máis de 6.500 estudantes da provincia de Lugo beneficiaranse da iniciativa de contratos-programa da Consellería de Cultura e Educación

03/03/15 | 17:03  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Máis de 6.500 estudantes da provincia de Lugo beneficiaranse da iniciativa de contratos-programa da Consellería de Cultura e Educación

Os obxectivos fundamentais desta liña de traballo son a loita contra o abandono temperá, o reforzo da aprendizaxe competencial e a busca da excelencia educativa

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear