Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.373 novas:

26/01/15 | 10:03  | C. de Sanidade

O 061-Galicia asistiu a 54 persoas por 36 accidentes de circulación durante a fin de semana

Dende as 15:00 horas do venres 23 ata as 23:59 horas do domingo 25 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 41 chamadas por accidentes de tráfico

escoitar
Turismo de Galicia promociona a oferta turística galega e o Camiño de Santiago no principal certame turístico de Irlanda

25/01/15 | 13:02  | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia promociona a oferta turística galega e o Camiño de Santiago no principal certame turístico de Irlanda

A afinidade do público irlandés e o interese deste polos recursos turísticos galegos, sobre todo os relacionados coa natureza, fan desta feira unha plataforma perfecta par promover o destino turístico Galicia

Nesta edición, Turismo de Galicia fará especial fincapé na promoción do Camiño de Santiago entre os cidadáns irlandeses

Máis de 5.000 peregrinos procedentes de Irlanda fixeron a Ruta xacobea o pasado ano, sendo o dito páis o sétimo do que máis turistas recibiron a Compostela

escoitar

25/01/15 | 12:49  | C. de Economía e Industria

A Xunta activa este martes as axudas para a implantación de caldeiras de biomasa que permiten aforros económicos de máis do 50%

Os apoios poderán solicitarse a través da páxina web do Inega –www.inega.es- contando os beneficiarios cunha dedución do 5% na súa declaración da renda

A orde, especialmente dirixida á vivendas do ámbito rural e á industria, mantén o compromiso orzamentario do ano pasado sumando 9,3 millóns de euros

O obxectivo é instalar arredor de 1.000 novos equipos en Galicia incrementando o consumo deste combustible e mobilizando 20 millóns de euros na Comunidade

Unha caldeira de biomasa, en comparación cunha de gasóleo, xera aforros económicos anuais próximos aos 700 euros nunha vivenda unifamiliar, de case 13.000 euros nun edificio do sector servizos, e de 130.000 euros nunha industria

O ano pasado instaláronse 400 caldeiras nos fogares galegos, 120 no tecido empresarial da Comunidade, e 80 nas administracións públicas

A medida encádrase na Estratexia Integral de impulso da Biomasa con fins térmicos que está a promover a Xunta e que aspira a reducir a dependencia enerxética da Comunidade aforrando 70 millóns anuais

escoitar

25/01/15 | 12:46  | C. de Facenda

O Consello Galego da Competencia abre o primeiro expediente sancionador a unha empresa nun proceso de contratación pública

O CGC decidiu iniciar expediente á empresa Alcor Seguridad por posibles prácticas restritivas no eido da competencia

O Concello de Lugo advertiu en decembro ao CGC da presunta comisión de infraccións contra a normativa de defensa da competencia

A incoación do expediente non prexulga o resultado final da investigación, cun período máximo de 18 meses para ser instruído e resolto por Competencia
 

escoitar
Xunta e Fundación EOI analizan en Madrid os resultados do seu proxecto conxunto para o fomento do emprendemento feminino

25/01/15 | 12:45  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Xunta e Fundación EOI analizan en Madrid os resultados do seu proxecto conxunto para o fomento do emprendemento feminino

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse co director da Fundación EOI, Fernando Bayón Mariné

O proxecto xurdiu dun convenio de colaboración asinado a finais de 2013 entre a Fundación, Igualdade e a Amtega

Puxeron en marcha a plataforma www.emprendedorasgalicia.es, especializada principalmente en produtos de emprendedoras galegas e pemes do ámbito rural
 

escoitar

25/01/15 | 11:58  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Centro Demostrador TIC presenta as vantaxes do sistema OUI! para a xestión integral da empresa

A sesión, organizada pola empresa APM Management Tools, celebrarase o día 4 de febreiro en horario de 16.00 a 19.00

A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/
 

escoitar
Cultura e Educación e a Deputación de Pontevedra convidan a cidadanía a se achegar ao universo galego de Julio Cortázar

25/01/15 | 11:38  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación e a Deputación de Pontevedra convidan a cidadanía a se achegar ao universo galego de Julio Cortázar

A nova sesión do ciclo de literatura e cine En Paralelo afonda na relación do escritor arxentino con Galicia e cos galegos

A xornada, que terá lugar o 28 de xaneiro no Museo de Pontevedra, contará cun relatorio de Francisco X. Fernández Naval, autor do libro ‘O soño galego de JulioCortázar’, e coa proxección do audiovisual ‘Cortázar Galicia’, baseado nas viaxes que o escritor e Aurora Bernárdez realizaron a Galicia
 

escoitar

25/01/15 | 11:35  | C. de Traballo e Benestar

O DOG convoca mañá 3 millóns de euros en axudas para manter preto de 2.700 prazas en escolas infantís de iniciativa social

Os destinatarios desta subvención da Consellería de Traballo e Benestar son aquelas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, que estean inscritas no Rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais

As axudas cobren custos de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento

A convocatoria destas subvencións adiántase preto de dous meses con respecto ao ano pasado, co fin de que as escolas poidan contar con estas axudas antes

escoitar
Cultura e Educación celebra o 16 de febreiro no Gaiás un baile de entroido coas mellores cancións da historia do rock

25/01/15 | 11:30  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación celebra o 16 de febreiro no Gaiás un baile de entroido coas mellores cancións da historia do rock

Pais e nenos están convidados a revivir xunto á ‘Rock and kids band’ grandes temas xunto a estrelas do rock como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss

escoitar

24/01/15 | 21:35  | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa celebra os logros da hípica galega no 2014 e destaca o primeiro posto nacional de salto de obstáculos por equipos xuvenís

Felicita a todos os deportistas polos podios e logros acadados nos campionatos galegos, nacionais e europeos, á vez que agradece o traballo da Federación Hípica Galega, que permite que a comunidade poda ver neste deporte unha vía de crecemento


Lembra a “emoción sen paliativos” vivida o pasado mes de xullo en Segovia na proba por equipos xuvenís do campionato nacional de salto de obstáculos, onde os galegos se impuxeron ao Real Club de Polo de Barcelona
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear