Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.664 novas:

29/08/14 | 21:30  | Axencia de Turismo de Galicia

A directora de Turismo de Galicia asistiu hoxe a presentación do novo spot para a promoción turística de Baiona

Nava Casto lembra que a diferenciación a través da calidade e a sustentabilidade é a grande aposta de Turismo de Galicia

Afirma que este concello turístico comparte estes valores, que “inciden na calidade como ferramenta para a internacionalización dos seus recursos e produtos turísticos”
 

escoitar

29/08/14 | 19:00  | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde remata os trámites do novo concerto con Povisa, que se asinará e entrará en vigor o vindeiro luns, día 1 de setembro

Terá unha vixencia de 8 anos, máis dous renovables anualmente

Establece unha cápita de importe anual por paciente de 540 euros, mantén a carteira de servizos actual e fixa un tope de pacientes adscritos de 139.000 persoas

Permitirá a libre elección para a poboación que teña como centro de referencia o hospital Povisa
 

escoitar
O conselleiro de Cultura e Educación visitou as instalacións da fundación Érguete-Integración en Vigo

29/08/14 | 17:35  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Cultura e Educación visitou as instalacións da fundación Érguete-Integración en Vigo

escoitar
Os peiraos autonómicos da ría de Pontevedra recibiron máis de 420 barcos en tránsito durante o mes de xullo

29/08/14 | 15:19  | C. do Medio Rural e do Mar

Os peiraos autonómicos da ría de Pontevedra recibiron máis de 420 barcos en tránsito durante o mes de xullo

As dársenas deportivas de Pedras Negras, Portonovo, Sanxenxo e Combarro incrementaron nunha media do 7% esta actividade respecto ao mesmo periodo do pasado ano

escoitar

29/08/14 | 14:44  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza; C. do Medio Rural e do Mar

A Policía Autonómica imputa ao presunto autor dun incendio forestal na parroquia de Cruces, no concello de Padrón

No que levamos de ano, xa son 72 as persoas detidas por delitos relacionados cos incendios forestais

escoitar
Cores Tourís comprobou as obras de mellora de dous camiños rurais do concello de Vilagarcía

29/08/14 | 14:39  | C. do Medio Rural e do Mar

Cores Tourís comprobou as obras de mellora de dous camiños rurais do concello de Vilagarcía

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se investiron algo máis de 45.000 euros a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar

Cores Tourís anunciou así mesmo o inicio das obras de asfaltado na rúa Rosalía de Castro

escoitar
O Ministerio de Economía e Competitividade, a Xunta e o Goberno portugués estudan intensificar a colaboración de Galicia e Norte de Portugal no Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía

29/08/14 | 14:37  | C. de Economía e Industria

O Ministerio de Economía e Competitividade, a Xunta e o Goberno portugués estudan intensificar a colaboración de Galicia e Norte de Portugal no Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía

O INL de Braga foi creado entre España e Portugal no 2009 co obxectivo de actuar como base de cooperación científica e tecnolóxica na nanociencia e a nanotecnoloxía

O incremento desta colaboración permitiría unha cooperación activa cos sectores estratéxicos galegos como o sanitario, o alimentario, o automobilístico e o aeronáutico, así como unha maior especialización na captación tecnolóxica para os principais retos da RIS3 (Estratexia de Especialización Intelixente)

No encontro tratouse tamén a captación conxunta de fondos europeos do Horizonte 2020 entre o INL e os centros de coñecemento galegos

 

escoitar

29/08/14 | 14:22  | Axencia de Turismo de Galicia

Os viaxeiros nos establecementos regrados de Galicia medraron un 5,9% o pasado mes de xullo, acadando un máximo histórico para un ano non Xacobeo

Tamén subiron as pernoitas nun 3,8%, contabilizándose 1.287.501 durmidas no conxunto da comunidade autónoma

O segmento do turismo rural presenta neste sétimo mes do ano o mellor comportamento en termos relativos do conxunto da oferta regrada

No que vai de ano, o turismo internacional acada un máximo histórico, tanto en volumes -con preto de 555.000 viaxeiros e 920.000 pernoitas- como en peso no conxunto da demanda, que representa o 27,0% dos viaxeiros e o 22,1% das pernoitas totais

Polo que respecta ao gasto turístico internacional, segundo os datos da enquisa EGATUR, medrou en xullo de 2014 un 9,7%

escoitar

29/08/14 | 13:50  | C. do Medio Rural e do Mar

O Intecmar constata unha melloría na presenza de biotoxinas mariñas nos polígonos de mexillón e nos bancos marisqueiros

Os resultados das analíticas realizadas por este centro dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar avalaron onte a apertura de 6 polígonos de mexillón na ría de Arousa e das zonas II de moluscos infaunais, unha delas na ría de Arousa e outra na ría de Vigo

Estas aperturas realízanse tras verificar que os resultados das análises reflicten niveis de toxicidade inferiores aos legalmente establecidos
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear