Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.598 novas:

20/12/14 | 18:13  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación destaca a contribución do XXVII Premio de Poesía Lorenzo Baleirón ao fomento da creación literaria

O secretario xeral de Cultura participou esta tarde en Dodro no acto de entrega do premio a Ramón Neto pola obra ‘Zonas de tránsito’

escoitar
Conde salienta que a remodelación do Mercado de Tomiño o impulsará como motor do comercio e dinamizará a economía local

20/12/14 | 13:23  | C. de Economía e Industria

Conde salienta que a remodelación do Mercado de Tomiño o impulsará como motor do comercio e dinamizará a economía local

O conselleiro de Economía e Industria participou hoxe na inauguración da praza de abastos tralas melloras realizadas, cun apoio da Xunta de máis de 260.000 euros

Sinala que é un exemplo do traballo que está a realizar o Goberno galego para potenciar os mercados xunto cos concellos, dando resposta ás novas necesidades dos consumidores ao tempo que se mantén a súa esencia

Subliña a proximidade e a profesionalidade dos praceiros como un dos principais activos dos mercados galegos

No 2015 se mantén o compromiso coas prazas de abastos, con 3,3 millóns de euros e o lanzamento da Rede de Mercados Excelentes

escoitar
Ethel Vázquez avanza o inicio da tramitación do plan reitor das Fragas do Eume para potenciar a súa conservación dun xeito compatible coas oportunidades económicas, turísticas e sociais

20/12/14 | 13:07  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza o inicio da tramitación do plan reitor das Fragas do Eume para potenciar a súa conservación dun xeito compatible coas oportunidades económicas, turísticas e sociais

A titular de Territorio explica que este documento someteuse a unha rolda de consultas para coñecer a opinión de axentes implicados como alcaldes, empresarios ou veciños que viven na zona protexida e no seu contorno

Subliña que o obxectivo último do seu departamento é contar cunha folla de ruta que valorice este espazo, conxugando a preservación da súa riqueza natural coas potencialidades que ofrece como destino turístico

O parque natural das Fragas do Eume, que supera as 9.000 hectáreas de superficie, abrangue 5 concellos: Cabanas, A Capela, As Pontes, Monfero e Pontedeume

Destaca que o centro de recepción a visitantes de Monfero, que supuxo un investimento de case 450.000 euros e foi cofinanciado pola Xunta e a Obra Social La Caixa, contribuirá a divulgar os valores do Parque

escoitar

20/12/14 | 12:28  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O vídeo “As cousas de antes” do IES Perdouro de Burela gaña o concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda dixital de galicia 2020’ da Amtega

Recibiu máis de 1.000 votacións a través do sistema ´gústame do Facebook

O segundo máis votado foi a curta “Revivamos Galicia”, do IES de Cacheiras (Teo)

Os cinco vídeos finalistas rexistraron máis de 28.000 reproducións durante os dez días do período de votación

O premio é unha tablet para cada alumno responsable do vídeo máis votado e unha minitablet para cada un dos alumnos responsables do curta finalista
 

escoitar
Cultura e Educación leva ata o Gaiás teatro para nenos coa obra ‘Al Tun Tun’, que terá lugar o sábado 27 de decembro

20/12/14 | 12:20  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación leva ata o Gaiás teatro para nenos coa obra ‘Al Tun Tun’, que terá lugar o sábado 27 de decembro

O Museo Centro Gaiás acollerá a comedia Teatre Móbil, obra protagonizada por tres pallasos contemporáneos e nominada a mellor espectáculo nos premios Zircólika de Circo de Cataluña

A programación infantil desta semana complétase cos obradoiros ‘Cine de plastilina’ e ‘O meu videoclip’ e as visitas familiares á exposición ‘Cinegalicia25’

Ata o 6 de xaneiro, o Museo Centro Gaiás conta cun punto solidario de recollida de xoguetes que Cáritas repartirá entre as familias que máis o precisen

escoitar

20/12/14 | 12:08  | Axencia de Turismo de Galicia

A marca turística España Verde centrará o seu labor na promoción internacional do Camiño do Norte ao longo do ano 2015

A Ruta xacobea do norte promoverase a través de distintas accións de mercadotecnia no estranxeiro das que salienta una exposición fotográfica que se organizará en colaboración co Instituto Cervantes

Tamén se convidará a axentes de viaxes e xornalistas a coñecer este Camiño que discorre polas catro comunidades autónomas do norte de España

Esta marca, constituída polos territorios de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco tamén promoverá o surf en 2015
 

escoitar

20/12/14 | 12:00  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O ‘Mercado da Estrela’ abre as súas portas esta fin de semana no CGAC, dentro da programación da Consellería de Cultura e Educación, que se completa con obradoiros de Nadal para os máis pequenos

O departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad ten previstas máis de 70 actuacións durante as datas de Nadal nos museos e bibliotecas que dependen del en toda Galicia

escoitar

20/12/14 | 11:52  | C. do Medio Rural e do Mar

O Comisario Europeo de Pesca e Asuntos Marítimos recoñece nunha misiva o esforzo da Xunta e do Estado en informar sobre a utilización do xeito en Galicia

Fíxoo a través dunha misiva dirixida á conselleira Rosa Quintana, na que o comisario valora que a documentación enviada por Galicia “está contribuíndo a animar o debate e as negociacións interinstitucionais sobre o resultado final da proposta da Comisión” de prohibir as redes de deriva

 

escoitar

20/12/14 | 11:45  | C. do Medio Rural e do Mar

Portos de Galicia aproba a delimitación de espazos e usos portuarios dos peiraos de Moaña e Vilaxoán

Os documentos estarán dispoñibles para consulta dos usuarios na páxina web de Portos de Galicia trala súa publicación do DOG

escoitar

20/12/14 | 11:43  | C. de Economía e Industria

Economía e Industria impulsa a consolidación de novas empresas de base tecnolóxica mediante o programa C-Teams

Once proxectos tecnolóxicos conseguiron reforzarse desenvolvendo novos produtos ou servizos co asesoramento especializado achegado a través do Igape

O programa busca facilitar a consolidación e impulsar a mellora da competitividade en empresas de base tecnolóxica ou de coñecemento de recente creación
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear