Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.535 novas:

27/02/15 | 14:00  | C. de Traballo e Benestar

Un total de 20 equipos de bacharelato de 15 centros de Galicia participan en Bergondo na fase preliminar de Parlamento Xove

Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a mocidade galega

Nesta edición o tema para a fase preliminar é: “Debería adiantarse a maioría de idade legal aos 16 anos?”

Dos 20 equipos que participan nesta xornada preliminar, 8 serán os que debaterán na final que descorrerá o 18 de abril no hemiciclo do Parlamento de Galicia

A próxima fin de semana terá lugar a segunda quenda de debates coa fase preliminar dos equipos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria

En canto aos premios, os gañadores de cada categoría contarán cunha axuda para unha viaxe; no caso de Bacharelato de 5.000 euros e, para os alumnos da ESO, de 3.000 euros
 

escoitar
O turismo internacional en Galicia incrementou en xaneiro un 14,7% as súas pernoitas e un 22,5% a súa cifra de viaxeiros

27/02/15 | 13:49  | Axencia de Turismo de Galicia

O turismo internacional en Galicia incrementou en xaneiro un 14,7% as súas pernoitas e un 22,5% a súa cifra de viaxeiros

Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados do 12,3%, ata situarse en máis de 142 mil, e do 2,6% nas súas pernoitas, contabilizando preto de 262 mil

Subiu tamén o turismo nacional, incrementándose o volume de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia nun 10,7%

A nivel estatal, Galicia foi a quinta comunidade co incremento máis intenso en termos de viaxeiros
 

escoitar

27/02/15 | 13:37  | C. de Economía e Industria

Economía e Industria achega en Franquiatlántico os apoios para a creación de novas empresas

O Igape ofrecerá mañá na apertura do encontro un relatorio sobre os servizos e axudas para elaborar plans de negocio e crear e consolidar compañías

Durante toda a fin de semana informarase sobre os apoios da Unidade Galicia Emprende para cada fase do desenvolvemento dos seus proxectos empresariais
 

escoitar
Empresas galegas cooperan para vender en Brasil produtos agroalimentarios nun proxecto do programa Primex do Igape

27/02/15 | 13:17  | C. de Economía e Industria

Empresas galegas cooperan para vender en Brasil produtos agroalimentarios nun proxecto do programa Primex do Igape

O director do Instituto, Javier Aguilera, inaugurou un encontro no que participaron arredor de 40 adegas e cooperativas vitivinícolas, así como empresas produtoras de embutidos, conservas ou aceites

A iniciativa apoiada pola Consellería de Economía e Industria está coordinada pola Rede Galega de Empresas, a Asociación Campalgo e a Asociación Galega de Viticultura e conta cun centro promocional en Fortaleza

Brasil é o mercado onde máis empresas galegas buscan incrementar o seu negocio exterior ao abeiro do Primex, destinado a facilitar as primeiras implantacións comerciais no exterior

En 2014 foron máis de 250 as empresas galegas que exportaron ao mercado brasileño, cara onde as exportacións medraron un 38% con respecto a 2009
 

escoitar
Ethel Vázquez avanza a creación dun grupo de traballo con representantes dos concellos, propietarios e produtores para a elaboración do Plan das Fragas do Eume

27/02/15 | 13:10  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a creación dun grupo de traballo con representantes dos concellos, propietarios e produtores para a elaboración do Plan das Fragas do Eume

Conforme se avance na elaboración do Plan e se concrete as necesidades, incorporarase unha memoria económica cun orzamento que repercutirá directamente nos veciños, nos concellos e nos produtores que conviven no Parque

Con este grupo preténdese que, entre todos, se logre que este documento deixe de ser unha obriga imposta pola Unión Europea e pase a ser unha oportunidade

A consellería de Medio Ambiente aclarou que para conseguir un Plan que sexa unha verdadeira oportunidade para as Fragas é necesario que un elemento tan importante teña unha veracidade absoluta sen ningún xénero de dúbida

escoitar

27/02/15 | 13:09  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Educación garante que as familias de Culleredo poderán en breve formalizar a matrícula dos seus fillos no novo IES para o curso 2015-2016

Así llo comunicou o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, aos representantes da Anpa ‘A Galera’, do IES Blanco Amor, nunha xuntanza celebrada hoxe

O Consello da Xunta aprobará o vindeiro mes de marzo a creación deste novo centro de secundaria, e posteriormente abrirase o proceso de matrícula

escoitar
Adiviña Producións estrea mañá no Salón Teatro de Santiago ‘Unitarias’, documental subvencionado pola Agadic

27/02/15 | 13:01  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Adiviña Producións estrea mañá no Salón Teatro de Santiago ‘Unitarias’, documental subvencionado pola Agadic

Dirixido por Jorge Algora, o filme analiza o papel das escolas do rural a través da experiencia vital e profesional do mestre Alberto Sacido

Contou para o seu financiamento con 33.361 euros concedidos a través da convocatoria de axudas de 2013 para a produción de longametraxes en galego
 

escoitar

27/02/15 | 12:45  | C. de Traballo e Benestar

Benestar ofertará na Laracha 115 prazas públicas de 0-3 anos o próximo curso tras ampliar a escola infantil

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada polo alcalde da localidade, visitou hoxe na Laracha as obras de ampliación do centro nas que se investiron 430.000 euros

Mato destacou que as prazas da Laracha e as da futura escola de Malpica elevarán ata 360 a oferta de 0-3 da Rede autonómica ‘A Galiña Azul’ na comarca de Bergantiños, o que supón un aumento do 166% nos últimos seis anos

Posteriormente, Mato clausurou o obradoiro de emprego ‘Colaborando polo Emprego II’, que comparten A Laracha e Arteixo e no que a Consellería investiu preto de 200.000 euros

O departamento autonómico investiu en 2014 na localidade da Laracha máis de 650.000 euros no eido laboral e social
 

escoitar

27/02/15 | 12:39  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta pon en valor o importante labor das entidades rexionais e locais perante as institucións da Unión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou hoxe en Madrid nos actos do Ano Europeo do Desenvolvemento

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear