Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.759 novas:

23/11/14 | 13:16  | C. de Economía e Industria

Economía e Industria impulsa a mellora das instalacións e a dinamización do mercado tradicional de Curtis

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe o recinto da feira comarcal que ven de ser renovado cun apoio da Consellería de 33.000 euros

Vázquez Abeal salienta o importante papel das feiras e mercados tradicionais na dinamización das vilas e do rural galego

Economía e Industria concedeu nos últimos 6 anos apoios por máis de 200.000 euros para impulsar o recinto feiral deste concello coruñés
 

escoitar

23/11/14 | 13:00  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Medio Ambiente pecha a rolda de consultas pola posta en marcha do Plan Reitor do Parque Natural das Fragas do Eume

Nesta última reunión, abordaron a necesidade de estudar fórmulas que blinden e permitan compatibilizar a conservación no medio natural coas oportunidade económicas, sociais e culturais que ofrece esta zona de Galicia

A directora xeral de Conservación da Natureza mantivo distintas xuntanzas con varios colectivos na procura de potenciar esta área como destino turístico e preservar a súa riqueza natural

Este documento conterá as necesidades de conservación e restauración cos aproveitamentos tradicionais, cuxo mantemento é fundamental

escoitar

23/11/14 | 12:25  | C. de Traballo e Benestar

Traballo creará os ‘Premios RSE Galicia’ que recoñecerán anualmente ás empresas que fomenten a responsabilidade social

A Consellería de Traballo e Benestar inicia a tramitación para a constitución destes galardóns que se convocarán por primeira vez en 2015

Os premios contarán con catro modalidades: recoñecemento no ámbito social, no eido ambiental, económico e da conciliación laboral, familiar e persoal

Poderán optar as empresas públicas ou privadas galegas ou que conten con centros de traballo en Galicia

escoitar

23/11/14 | 12:20  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación convida a vivir este venres 28 un ‘Magosto no Gaiás’ coa música de ‘Taghaitaí’ e ‘Cantigas e Agarimos’

O Museo Centro Gaiás homenaxea a dous mestres da gaita: Basilio Carril, no centenario do seu nacemento, e a Xan Bello Mallou

Desde as 20 horas haberá unha degustación gratuita de castañas e queixo de Arzúa-Ulloa e ás 21 horas sairá ao escenario Taghaitaí en colaboración con Cantigas e Agarimos e as Penasqueiras de Luou á pandeireta

escoitar

23/11/14 | 12:20  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Dan comezo na AGASP as xornadas sobre cualificacións profesionais no ámbito das emerxencias

As Xornadas están destinadas ao persoal que forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia

escoitar
A Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento da violencia de xénero

23/11/14 | 12:20  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta organiza a andaina “Camiño ao respecto” para expresar o rexeitamento da violencia de xénero

As persoas participantes partiron do Monte do Gozo e finalizaron o percorrido na Praza do Obradoiro, onde se leu un manifesto

A andaina estivo encabezada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella

O Goberno galego quere facer especial fincapé na prevención da violencia nos máis novos e nos maiores de 65, dous dos sectores máis afectados

escoitar

23/11/14 | 12:13  | C. do Medio Rural e do Mar

A Consellería do Medio Rural e do Mar ofertou este ano preto de 100 cursos de formación marítima e de mergullo

Máis de 1.800 alumnos recibiron formación marítima e de mergullo a través das distintas confrarías e do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura)

escoitar

23/11/14 | 11:45  | C. de Sanidade

Un total de 2.644 pacientes de Povisa solicitaron a súa adscrición ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Dende Sanidade lémbrase que o prazo para pedir o cambio de centro remata o próximo día 30 de novembro

Os cidadáns que teñan este centro de referencia e desexen continuar nel non terán que realizar ningún trámite

escoitar

23/11/14 | 10:45  | C. de Traballo e Benestar

Galicia pechou o mes de outubro con 2.651 accidentes laborais

O número total de sinistros neste mes aumentou en relación ao mesmo período do ano pasado nun 4,91%

Os accidentes diminuíron na industria e na pesca

escoitar

23/11/14 | 10:07  | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O portal de interoperabilidade Pasaxe! evitou a presentación de 30.000 documentos a cidadáns e empresas desde a súa posta en marcha hai cinco meses

Pasaxe! permite o intercambio de información entre as Administracións estatal, autonómica e local e evita presentar documentos que consten en poder destas

Xa se incorporaron na plataforma preto de 30 tipos de certificados como o imposto de actividades económicas, títulos universitarios e non universitarios ou o a consulta de poderes notariais, entre outros

Porase a disposición das entidades locais dentro do catálogo de servizos dixitais que se ofrecerá aos concellos
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear