Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas:
Xesús Vázquez Abad asiste ao concerto de cuarteto Caramuxo, no marco do programa ‘Focus Galicia’

21/10/14 | 20:13  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Xesús Vázquez Abad asiste ao concerto de cuarteto Caramuxo, no marco do programa ‘Focus Galicia’

escoitar

21/10/14 | 20:00  | C. de Traballo e Benestar

Santiago acolle unha exposición das nove coleccións finalistas do concurso de deseño de xoias organizado por Xuventude

O concurso enmárcase dentro do certame ‘Xuventude Crea’, que ten como obxectivo fundamental que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao tempo que se fomenta a creatividade xuvenil

Na edición do 2014 presentáronse un total de 263 proxectos, individuais e en grupo, para as once especialidades previstas: teatro, música, artes plásticas, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e graffiti

Participaron un total de 358 mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos

Os premios serán 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros

escoitar
Cultura e Educación presenta esta semana no CGAC un curso de cinema, tres proxeccións do Womex e dous novos concertos das xornadas de música contemporánea

21/10/14 | 19:13  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación presenta esta semana no CGAC un curso de cinema, tres proxeccións do Womex e dous novos concertos das xornadas de música contemporánea

O mércores comeza o curso de cinema ‘Derivas da modernidade. Do cinema clásico ao cinema moderno. Intuicións, eclosións e ecos dos novos cinemas da modernidade (1950- 1980)’

De xoves a sábado o CGAC colabora coa ‘World Music Expo’ (Womex) no seu 20 aniversario coa programación de tres documentais baixo o título ‘From Berlin to the World’

O domingo terá lugar o concerto didáctico ‘Experimenta coa música’ e a presentación do novo disco de Alejandro Vargas
 

escoitar
A Consellería de Cultura e Educación investirá 153.000 na restauración do claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova

21/10/14 | 19:01  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación investirá 153.000 na restauración do claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova

O conselleiro e o alcalde da localidade ourensá asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización destas melloras

escoitar
Cores Tourís avalía co alcalde de Oia os danos causados polo pasado temporal no municipio do Baixo Miño

21/10/14 | 19:00  | C. do Medio Rural e do Mar

Cores Tourís avalía co alcalde de Oia os danos causados polo pasado temporal no municipio do Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra comprobou os problemas causados polas pedras arrastradas pola auga do río Seco así como o estado dun tramo do carril bici

Tamén aproveitou para comprobar a labor que están a desenvolver as brigadas forestais que están a traballar nos montes conveniados desta comarca
 

escoitar
A conselleira de Facenda di que Galicia manterá en 2015 a mesma folla de ruta que lle permitiu ter mellor comportamento que España durante toda a crise

21/10/14 | 18:54  | C. de Facenda

A conselleira de Facenda di que Galicia manterá en 2015 a mesma folla de ruta que lle permitiu ter mellor comportamento que España durante toda a crise

Elena Muñoz Fonteriz participou hoxe na presentación do informe BBVA Research

Explicou que Galicia seguirá apostando pola control do déficit público, como xa fixo en anos anteriores

Indicou que os Orzamentos da Xunta para 2015 introducen os investimentos produtivos, o fomento do emprego, a competitividade das empresas e a economía do coñecemento como “bases imprescindibles” para impulsar o crecemento

A conselleira sinalou que Galicia pechará 2014 co primeiro exercicio en positivo dende hai catro anos, e que en 2015 se prevé un crecemento do PIB do 2%

escoitar
A Xunta eliminou 376 niños de avespa velutina desde a posta en marcha do programa de vixilancia e control desta especie

21/10/14 | 18:34  | C. do Medio Rural e do Mar

A Xunta eliminou 376 niños de avespa velutina desde a posta en marcha do programa de vixilancia e control desta especie

Ulloa indicou ademais que a alarma producida pola presenza deste insecto ocasionou tamén un considerable aumento nos avisos recollidos a través do Centro de Atención de Emerxencias –teléfono 112–

En resposta a outra pregunta, o secretario xeral de Medio Rural e Montes sinalou que a Xunta puxo en marcha no monte Pindo labores de mellora de infraestruturas e rede de drenaxe, tales como a limpeza e apertura de cunetas, limpeza de canos e arquetas, escavación de gabia e retirada de terra

escoitar
Turismo de Galicia celebra un foro cos alcaldes dos concellos polos que discorren as rutas xacobeas en Galicia

21/10/14 | 18:16  | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia celebra un foro cos alcaldes dos concellos polos que discorren as rutas xacobeas en Galicia

O Plan Director do Camiño de Santiago, promovido por Turismo de Galicia, pretende fixar unha diagnose do actual estado das rutas xacobeas para abordar un traballo de mellora das mesmas cun horizonte no Ano Xacobeo 2021

escoitar

21/10/14 | 18:00  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Consellería de Cultura e Educación reúne 21 empresas musicais galegas que operarán en Womex desde o stand Galiciantunes

As compañías acreditadas representan a medio centenar de formacións artísticas e compoñen a delegación galega máis numerosa de cantas teñen participado na feira internacional de música tradicional máis importante do mundo

Tamén desenvolverán a súa actividade desde o mesmo espazo a Asociación Galega de Empresas Musicais, Músicos ao Vivo e Clubtura

O obxectivo é unir esforzos individuais e facilitar o apoio institucional cara á materialización de acordos con homólogos profesionais

escoitar
O Sergas vén de levar a cabo un proceso de estratificación que permite identificar individualmente o nivel de saúde e de complexidade de cada un dos case 2,5 millóns de galegos maiores de 14 anos

21/10/14 | 17:58  | C. de Sanidade

O Sergas vén de levar a cabo un proceso de estratificación que permite identificar individualmente o nivel de saúde e de complexidade de cada un dos case 2,5 millóns de galegos maiores de 14 anos

Con esta información os profesionais sanitarios do Sergas, en especial os de atención primaria, poderán poñer en marcha accións específicas

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear