Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.665 novas:
Cultura e Educación anuncia a estrea no Museo Centro Gaiás do novo disco do músico Daniel Minimalia o vindeiro 12 de setembro

27/08/14 | 10:44  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación anuncia a estrea no Museo Centro Gaiás do novo disco do músico Daniel Minimalia o vindeiro 12 de setembro

O guitarrista ourensán presentará algúns dos temas do seu inminente disco ‘Arenas de luna’ a partir das 19 horas con entrada de balde

O single de adianto, ‘Olas del sur’, gravado con Rosa Cedrón na Cidade da Cultura, preséntase o vindeiro 8 de setembro no Gaiás

escoitar

26/08/14 | 19:27  | C. do Medio Rural e do Mar

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda

Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tras o parametrizado, a superficie afectada é de 60 hectáreas, a maioría de monte raso

escoitar
Xunta e sector traballarán conxuntamente para evitar que futuras alertas sanitarias poñan en dúbida o prestixio do mexillón galego

26/08/14 | 18:19  | C. do Medio Rural e do Mar

Xunta e sector traballarán conxuntamente para evitar que futuras alertas sanitarias poñan en dúbida o prestixio do mexillón galego

Así o explicou a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, trala reunión da mesa do mexillón, na que se analizou a última alerta alimentaria lanzada en Francia

Salgado indicou que polo de agora non se ten aportado ningunha análise que confirme a toxicidade dos mexillóns galegos
 

escoitar
Xesús Vázquez Abad visita as instalacións dos colexios de educación infantil e primaria Virxe do Carme e Monte Baliño aos que a consellería destina preto de 100.000 euros para melloras

26/08/14 | 17:45  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Xesús Vázquez Abad visita as instalacións dos colexios de educación infantil e primaria Virxe do Carme e Monte Baliño aos que a consellería destina preto de 100.000 euros para melloras

En Sober destínase un presuposto de máis de 41.000 euros para facer reformas na biblioteca, nos baños, e no acceso ao ximnasio, así como para facer o peche perimetral do pavillón

No concello de Pantón lévanse a cabo diferentes obras de mellora e adecuación cun orzamento de preto de 56.000 euros

escoitar
O conselleiro de Cultura e Educación visita varias actuacións de restauración que a Xunta de Galicia está a levar a cabo no entorno da Ribeira Sacra luguesa

26/08/14 | 17:37  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Cultura e Educación visita varias actuacións de restauración que a Xunta de Galicia está a levar a cabo no entorno da Ribeira Sacra luguesa

As intervencións que respaldan a candidatura a Patrimonio da Humanidade, previstas e en execución, lévanse a cabo en distintos bens históricos situados nos concellos de O Saviñao, Chantada, Sober e Pantón e contan cun orzamento total de 497.456 euros e os períodos de execución oscilan entre un e catro meses

Durante o último quinquenio o departamento autonómico de Cultura achegou para a conservación e restauración do patrimonio da Ribeira Sacra preto de 975.000 de euros

escoitar
Cores Tourís destaca os 60.000 euros que se investirán no Concello de Campolameiro para mellorar a eficiencia enerxética

26/08/14 | 15:06  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cores Tourís destaca os 60.000 euros que se investirán no Concello de Campolameiro para mellorar a eficiencia enerxética

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que a Consellería de Economía e Industria vén de resolver unha nova convocatoria dunha liña que permite aos municipios diminuír ata un 60% a factura eléctrica das instalacións substituídas

A iniciativa dotará este ano con case 1,3 millóns de euros a un total de 32 concellos da provincia unidos a través de 6 proxectos de agrupacións

Nos municipios de Campo Lameiro, Cerdedo, Cotobade, Moraña e Cuntis evitarase gracias a este programa a emisión á atmosfera de case 90 toneladas de CO2 ao ano, cun aforro económico aproximado de máis de 30.000 euros
 

escoitar

26/08/14 | 15:06  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A Xunta remite en prazo ao Concello de Monterroso a autorización para a construción do cemiterio de Alvaredo

O expediente completo da solicitude, que tivo entrada no rexistro da Xunta o pasado 26 de maio, foi autorizado e comunicado ao concello dentro do prazo de 3 meses que outorga a Lei do Solo

Dende a Secretaría Xeral consideran que a colaboración entre as dúas administracións foi total, xa que o concello estivo asesorado en todo momento para a tramitación deste proxecto

Dende setembro de 2013, momento no que o concello iniciou os tramites para a concesión da autorización autonómica, a Xunta fixo seguimento do expediente, requirindo en dúas ocasións ao concello que aportase a totalidade da documentación

escoitar
Nava Castro salienta a unión entre peregrinos e ciclistas no final da Volta Ciclista a España en Santiago

26/08/14 | 14:54  | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro salienta a unión entre peregrinos e ciclistas no final da Volta Ciclista a España en Santiago

Hoxe presentou en Compostela os actos do día do remate desta proba deportiva que “contribuirán a difundir a imaxe de Santiago e de Galicia a nivel internacional”, grazas á grande repercusión internacional deste evento deportivo.

A directora de Turismo de Galicia anunciou “unha gran festa para todos os participantes, seguidores, peregrinos, turistas e cidadáns” xa que terán lugar na praza do Obradoiro un concerto de Russian Red e espectáculos audiovisuais e de arte dixital nos que a comunidade galega será a gran protagonista.

Durante a fin de semana celebrarase ademais o Parque Volta na Carballeira de Santa Susana

escoitar
Concentracións de condena polo acto de violencia de xénero que acabou coa vida de Mónica Lorenzo Gómez

26/08/14 | 14:15  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Concentracións de condena polo acto de violencia de xénero que acabou coa vida de Mónica Lorenzo Gómez

escoitar

26/08/14 | 14:03  | C. do Medio Rural e do Mar

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda

Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 80 hectáreas de monte raso

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear