Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.759 novas:

28/08/15 | 15:06  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Ethel Vázquez salienta o reforzo da loita contra os desafiuzamentos co Bono de Alugueiro Social, que achegará 150 euros mensuais ás familias que non poidan asumir o arrendamento A titular de Infraestruturas precisa que estas axudas concederanse por un período de 12 meses, que poderá prorrogarse durante un ano máis previa solicitudeA maiores, o programa prevé a concesión dunha axuda adicional de 450 euros para no caso de poder permanecer na vivenda, axudar a aboar cantidades pendentes, ou en novos arrendamentos, cubrir gastos como a fianza ou a alta de subministrosAs solicitudes iranse analizando e resolvendo por orde de presentación, de tal xeito que, unha vez que presenten toda a documentación e acrediten cumprir todos os requisitos, poderán empezar a percibir o Bono de Alugueiro SocialVázquez concreta que o crédito previsto para estas axudas neste ano ascende a 255.000 euros e a estimación do Goberno galego é poder axudar nestes meses ata 300 familias, e antes de que remate o ano convocar máis axudas para 2016, investindo un total de 3 millóns de euros ata 2017Os beneficiarios deben estar afectados por un procedemento de desafiuzamento por impago de rendas dun contrato de arrendamento de duración mínima de 12 meses, que a vivenda actual ou a nova vaia ser domicilio habitual e que os ingresos sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiplesA conselleira reitera que a Xunta non se dará por satisfeita mentres unha soa familia estea en risco de quedar sen fogar, polo que se continuará co Plan rehaVIta, reforzando os realoxos cos acordos asinados coa Sareb e entidades financeiras

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear