Xunta de Galicia

Actualidade

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Buscador de novas dos últimos 6 meses

Ten dispoñibles para consulta 3.744 novas:
Conde salienta que o almacenamento de enerxía é unha oportunidade clave para o futuro da industria galega

22/10/14 | 14:30  | C. de Economía e Industria

Conde salienta que o almacenamento de enerxía é unha oportunidade clave para o futuro da industria galega

O conselleiro de Economía e Industria participou na xornada “O almacenamento da electricidade”, coa que a Fundación Gas Natural Fenosa analizou o potencial destes avances para Galicia

Salienta o respaldo da Xunta ás investigacións neste campo a través das unidades mixtas de innovación

Resalta que un impulso a este eido permitiría ademais reducir a dependencia enerxética galega, reforzar o transporte limpo e acadar unha electricidade máis barata
 

escoitar

22/10/14 | 14:25  | C. de Traballo e Benestar

Benestar incrementará por segundo ano consecutivo o orzamento destinado á discapacidade que alcanzará os 100 millóns en 2015

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou hoxe en Xove o Centro de Recursos para persoas con Discapacidade (CRD)

Mato anunciou que a partida global destinada ás persoas con discapacidade aumentará o próximo ano nun 8,6 por cento con respecto aos dous últimos exercicios

Do total, a dotación para os programas de emprego para a discapacidade aumentará un 2 por cento con respecto a este ano, chegando ata os preto de 18 millóns de euros

A titular de Benestar anunciou, ademais, que o Goberno galego porá en marcha 140 novas prazas de atención diúrna para persoas con discapacidade antes de que remate este ano

Tras a visita a Xove, Mato e Arias desprazáronse ata Burela para comprobar in situ as obras da escola infantil que ofertará 41 novas prazas públicas de 0-3 anos

A apertura deste servizo incrementará a 9 as escolas infantís da Rede A Galiña Azul na Mariña que contará cunha oferta de 446 prazas, das que o Goberno galego puxo en marcha un total de 143
 

escoitar

22/10/14 | 14:20  | C. de Traballo e Benestar

A Casa da Cultura de Outes acolle as actuacións dos cinco grupos finalistas da especialidade de teatro do Xuventude Crea

As cinco están incluídas no programa “Outono teatral” do Concello de Outes e a entrada será de balde, ata completar a capacidade

Os grupos finalistas reciben unha axuda de 650 euros para esta actuación final

Nesta última edición do Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, se presentaron un total de 263 proxectos, individuais e en grupo, para as once especialidades previstas: teatro, música, artes plásticas, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, relato breve, poesía, moda, videocreación e grafiti

escoitar
Os participantes na campaña Máis que comercio! elixen como establecemento favorito de o Porriño a Autoescuela Carril 32

22/10/14 | 13:56  | C. de Economía e Industria

Os participantes na campaña Máis que comercio! elixen como establecemento favorito de o Porriño a Autoescuela Carril 32

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, entregou o recoñecemento ao negocio que máis clics recibiu no xogo en liña www.maisquecomercio.com, no que os clientes podían optar a diferentes premios votando o seu comercio preferido en cada un destes centros comerciais abertos

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria desenvolveuse durante todo o mes de setembro nos comercios asociados a este CCA co obxectivo de impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade
 

escoitar

22/10/14 | 13:51  | C. de Traballo e Benestar

Xuventude participa en Berlín nun encontro para desenvolver iniciativas coordinadas de mobilidade transnacional

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, está a tomar parte nesta xuntanza na que participan unha rede de entidades xestoras do Fondo Social Europeo de 10 países

Son obxectivos desta convocatoria, entre outros, incrementar os coñecementos, habilidades e competencias dos mozos participantes a través de experiencias no estranxeiro en materia de educación, prácticas profesionais e emprego
 

escoitar
Cultura e Educación pecha ‘Focus Galicia’ cunha sesión de traballo entre programadores internacionais e representantes da industria musical galega

22/10/14 | 13:42  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura e Educación pecha ‘Focus Galicia’ cunha sesión de traballo entre programadores internacionais e representantes da industria musical galega

A última actividade deste programa para a promoción exterior da nosa música tivo lugar este mediodía na Cidade da Cultura de Galicia, nos momentos previos á apertura das portas de Womex no Museo Centro Gaiás

Os axentes musicais desprazados a Galicia desde 16 países coñeceron de primeira man a nosa música e cultura a través de 12 ‘showcases’ e visitas culturais ás cidades de Santiago, A Coruña, Ourense e á comarca do Ribeiro

Radio Cos, Banda Crebinsky, Som do Galpom, Najla Shami, Luar na Lubre, Sumrrá, Rosa Cedrón, Abe Rábade, Daniel Minimalia, Caxade, Cuarteto Caramuxo e Sés protagonizaron as actuacións desta iniciativa, que contou tamén coa colaboración especial de Susana Seivane
 

escoitar
A firma Kauman de Ponteareas traslada á Xunta a súa aposta polo I+D e a internacionalización dos seus mercados

22/10/14 | 13:16  | C. de Economía e Industria

A firma Kauman de Ponteareas traslada á Xunta a súa aposta polo I+D e a internacionalización dos seus mercados

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra coñeceu a labor desta firma que exporta a 50 países e que se dedica á construción de bandas transportadoras

O investimento da empresa en novas liñas de investigación roldou os 4 millóns de euros, dos cales case 1,4 millóns foron aportados pola Consellería de Economía e o Ministerio de Industria

Na actualidade está a traballar nun proxecto para a execución de barreiras para a seguridade viaria nos quitamedos e nunha nova transportadora cilíndrica
 

escoitar
Os participantes na iniciativa ‘Máis que comercio!’ elixen a xoiería Prada como o seu establecemento favorito no CCA ourensán do Couto

22/10/14 | 13:14  | C. de Economía e Industria

Os participantes na iniciativa ‘Máis que comercio!’ elixen a xoiería Prada como o seu establecemento favorito no CCA ourensán do Couto

Este negocio familiar, creado hai 30 anos, foi o que máis clics recibiu no xogo en liña www.maisquecomercio.com, no que os clientes podían optar a diferentes premios votando ao seu comercio preferido

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria desenvolveuse durante o mes de setembro nos negocios asociados ao centro comercial aberto co obxectivo de impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade
 

escoitar
A Xunta de Galicia conmemora o décimo aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a Galeguidade Empresarial

22/10/14 | 13:06  | C. de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Xunta de Galicia conmemora o décimo aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e a Galeguidade Empresarial

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou esta mañá no acto organizado en colaboración co Parlamento de Galicia e mais co Foro Enrique Peinador

‘A política lingüística do Goberno galego está inspirada no Plan, cunha acción de promoción que aspira a darlle ao galego presenza na vida comercial, empresarial e xurídica e que, por parte, pretende incorporalo aos sectores máis dinámicos e ás TIC, xa que é aí onde se xoga a posibilidade de futuro’, manifestou Xesús Vázquez durante a súa intervención
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados:
Devolver resultados no arquivo de formato
Devolver resultados onde a miña busca aparezca en
Ordear